Barbosa é un concello colombiano, situado no departamento de Antioquia. Ten unha superficie de 206 km²[1] e unha poboación de 50 052 persoas (2015).[2]
Dista uns 39 km de Medellín, a capital departamental. Limita ao norte co concello de Donmatías, ao leste cos de Santo Domingo, Concepción e San Vicente, e polo oeste cos de Girardota e Donmatías. É unha zona de produción de ananás. O nome vénlle de Diego Fernández de Barbosa, un militar so o mando de Gaspar de Rodas, de quen recibiu as terras.