Löwen Braunschweig | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 2000 |
Cores | Negro, dourado |
Presidente | Sebastian Schmidt |
Adestrador | Jesús Ramírez |
Localización | |
Cidade | Braunschweig, Alemaña |
Pavillón | Volkswagen Halle |
Capacidade | 3 603 |
Inauguración | 20 de setembro de 2000 |
basketball-loewen.de |
O Basketball Löwen Braunschweig é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade Braunschweig (Baixa Saxonia). Fundado no ano 2000, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Xogan os seus partidos como local no Volkswagen Halle, pavillón con capacidade para 3.603 espectadores. Desde o 1 de xullo de 2020, o club é propiedade do xogador da NBA Dennis Schröder.
O equipo foi fundado no ano 2000 como Metabox Braunschweig tras comprar a licenza da Basketball Bundesliga do SG Braunschweig, pasando este último club a funcionar como o seu equipo de canteira. Despois de múltiples mudanzas de nome durante primeiros anos, a compañía local de moda New Yorker converteuse no patrocinador de nome do club en 2006. En 2014 a empresa anunciou o fin do seu patrocinio ao finalizar a temporada 2013–14.[1] Así, o 1 de xullo de 2014 o equipo adoptou o seu actual nome: Basketball Löwen Braunschweig.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | 1 | BBL | 6º | |||
2001–02 | 1 | BBL | 10º | 3 Copa Korać | RP | |
2002–03 | 1 | BBL | 3º | |||
2003–04 | 1 | BBL | 11º | 2 ULEB Cup | LR | |
2004–05 | 1 | BBL | 12º | 3 FIBA Europe League | FG | |
2005–06 | 1 | BBL | 16º | |||
2006–07 | 1 | BBL | 14º | |||
2007–08 | 1 | BBL | 9º | |||
2008–09 | 1 | BBL | 13º | |||
2009–10 | 1 | BBL | 4º | |||
2010–11 | 1 | BBL | 5º | Subcampión | ||
2011–12 | 1 | BBL | 7º | Cuarto lugar | ||
2012–13 | 1 | BBL | 13º | |||
2013–14 | 1 | BBL | 15º | |||
2014–15 | 1 | BBL | 9º | |||
2015–16 | 1 | BBL | 10º | |||
2016–17 | 1 | BBL | 16º | |||
2017–18 | 1 | BBL | 12º | |||
2018–19 | 1 | BBL | 8º | Cuartos de final | ||
2019–20 | 1 | BBL | 11º | Cuartos de final | ||
2020–21 | 1 | BBL | 9º | Fase de grupos |
O Löwen xoga os seus partidos como local no Volkswagen Halle, un pavillón con capacidade para 3.603 espectadores inaugurado o 20 de setembro de 2000. O predecesor do equipo, o SG Braunschweig, xogara anteriormente no Sporthalle Alte Waage, recinto con capacidade para 1.500 espectadores.