Os Baticlupeidos (Bathyclupeidae) son unha familia de peixes mariños, incluída na orde dos Perciformes.
Son peixes de pequeno tamaño, propios de mares tropicais e que viven a grandes profundidades (de 300 a 800 m), distribuídos polo golfo de México, océano Índico e oeste del Pacífico.
Unha soa aleta dorsal, sen espiñas, e situada na metade posterior do corpo. A aleta anal é longa e cunha espiña. Ámbalas aletas están cubertas de escamas.
Só se considera un xénero dentro da familia, con sete especies actuais.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Baticlupeidos |