Batrachochytrium dendrobatidis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Zoosporanxio de B. dendrobatidis. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Batrachochytrium dendrobatidis Longcore, Pessier & D.K. Nichols (1999) |
Batrachochytrium dendrobatidis, tamén coñecido como Bd ou o fungo quítrido dos anfibios, é un fungo quítrido que ameaza a poboación mundial de anfibios, ós que causa a doenza denominada quitridiomicose. Trátase dun fungo dulceacuícola. Ataca a pel dos anfibios, a cal é imprescindible para a súa homeostase hídrica e gasosa e defensa inmunolóxica, danando a capa de queratina.[2] Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[3] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Dado que a pandemia de quitridiomicose sucede dende a década dos 80, discutiuse o posible papel humano na difusión do fungo. Hoxe asúmese que Xenopus laevis, unha ra empregada para efectuar o test de embarazo, puido actuar como vector propagador do fungo por todo o mundo, aínda que esta técnica empezou a difundirse en 1930 e até hai pouco máis de vinte anos non se recruou a doenza. De feito, hai investigadores que opinan que o fungo sempre estivo en contacto coas poboacións de anfibios e que só agora, cando están inmunodeprimidas por efecto do impacto humano nos ecosistemas, a súa micose faise máis patente.