Partitura do rondó de Cordier de tema amoroso Belle, Bonne, Sage, en forma de corazón, con notas vermellas que indican alteracións rítimicas.
Baude Cordier, nado cara a 1380 en Reims e finado antes de 1440, foi un compositorfrancés de música renacentista. Suxeriuse nalgunha ocasión que Cordier era o pseudónimo de Baude Fresnel.[1][2] As súas composicións considéranse entre as máis representativas da ars subtilior. En liña con esa tendencia cultural, utilizaba adoito a cor vermella na súa notación para indicar alteracións rítmicas.[3]
Chegaron a nós tan só dez cancións seculares de Cordier, a maioría delas rondós:
Algunhas delas, ritmicamente complexas, pertencen ao estilo francés da ars subtilior, como Amans amés secretement.[4]
Belle, bone, sage, de Baude Cordier.Outras son máis sinxelas, cunha grande énfase na melodía lírica, como Belle, Bonne, Sage; o seu manuscrito ten a forma dun corazón.[5]
Manuscrito da partitura de Tout par compas suy composés.
Foi tamén autor dun canon circular titulado Tout par compas suy composés, cuxo manuscrito está escrito nun círculo.[6]
↑Wright, Craig, "Tapissier and Cordier: New Documents and Conjectures". En Quarterly, The Musical. 59. Número 2. Abril de 1973. 177–89.
↑Reaney, Gilbert. "Cordier, Baude". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Londres. Macmillan, 1980. [ISBN 1-56159-174-2]
↑Parrish, Carl. The Notation of Medieval Music. W. W. Norton, 1957.
↑Transcrita e comentada en: Davison e Apel. Historical Anthology of Music (HAM): Oriental, Medieval and Renaissance Music. Harvard University Press. 2014 [ISBN 978-0-674-33542-4]