Beacon Explorer B / BE-B / Explorer 22 | |
---|---|
![]() Explorer 22 en probas en terra. | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA[1][2] |
Data de lanzamento | 10 de outubro de 1964[3][4][5] |
Foguete portador | Scout X-4[1][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[1][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudos xeodésicos e observación da ionosfera.[1][4][5] |
NSSDC ID | 1964-064A |
Masa | 52,6 kg[1][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7336,7 km[3] |
Inclinación | 79,7 graos[3] |
Apoapse | 1054,5 km[3] |
Periapse | 876,9 km[3] |
Período orbital | 104,2 minutos[3] |
Beacon Explorer B, tamén coñecido como BE-B e Explorer 22, foi un satélite artificial de Estados Unidos pertencente ó programa Explorer e lanzado o 10 de outubro de 1964 mediante un foguete Scout X-4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3][4]
BE-B foi adicado á investigación da ionosfera terrestre coa finalidade de determinar a cantidade de electróns entre a nave e a Terra. Tamén serviu para facer medicións xeodésicas[1][4], nas que foi pioneiro usando a técnica de determina-la posición mediante láser desde terra[6].
O satélite inicialmente estabilizábase mediante xiro para pasar a estabilizarse nos tres eixos tralo desplegue dos paneis solares usando unha barra magnética que aliñaba o eixo de simetría do satélite co campo magnético local. A información da orientación do satélite proviña dun magnetómetro de tres eixos e duns sensores solares.[1][4]
A nave non levaba maneira de rexistra-los datos a bordo, polo que se obtiñan cada vez que sobrevoaba unha estación terrestre. O satélite emitía continuamente a 162 e 324 MHz para permiti-la súa localización precisa e facer estudos xeodésicos.[1][4]
As transmisións de BE-B deixaron de seguirse en agosto de 1968 e o satélite fallou en febreiro de 1970.[1][4]
Beacon Explorer B levaba a bordo unha sonda electrostática, un radiofaro que emitía a 20, 40 e 41 Hz, un reflector láser pasivo para seguimento do satélite e un experimento de navegación Doppler.[4]