Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Lisboa | ||||
Cidade grande | Lisboa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10,43 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de novembro de 2012 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | jf-belem.pt |
Belém é unha freguesía portuguesa do concello de Lisboa, pertencente á zona occidental da capital, con 10,43 km² de área[1] e 16 546 habitantes (segundo o censo de 2021)[2]. A súa densidade de poboación é de 1 586,39 hab./km².
Belém está ligada á Era dos descubrimentos, cando Manuel I de Portugal subiu ao trono en 1495. Ten a súa sede na antiga freguesía de Santa Maria de Belém. Hoxe en día, Belém contén varios espazos verdes con museos, parques e xardíns, sendo unha das zonas máis turísticas de Portugal.
Belém foi concello autónomo entre 1852 e 1885, cando foi incorporado a Lisboa. Esta constituído polas seguintes freguesías: Ajuda, Benfica, Carnide, Belém, Odivelas, Alcântara extra-muros, Santa Isabel extra-muros e São Sebastião da Pedreira extra muros. Tiña 63 km² e 27 635 habitantes en 1864 e 30 747 en 1878.
A nova freguesía de Belém foi creada no ámbito da reorganización administrativa de Lisboa de 2012,[3] que entrou en vigor após as eleccións autárquicas de 2013, resultando na agregación da antiga freguesía de Santa Maria de Belém con case a totalidade do territorio da antiga freguesía de São Francisco Xavier, esta última despois de axustes nos límites coa veciña freguesía de Ajuda.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belém, Lisboa |