Bentinho | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antônio Bento dos Santos | ||
Nacemento | 18 de decembro de 1971 | ||
Lugar de nacemento | Montes Claros | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Portuguesa | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1988–1993 | Portuguesa | 99 | (52) |
1992 | → São José | 12 | (3) |
1994 | Al Hilal | ||
1994 | Verdy Kawasaki | 20 | (15) |
1995 | São Paulo | 31 | (21) |
1995 | Kashiwa Reysol | 16 | (12) |
1996–1997 | Botafogo | 64 | (42) |
1998 | Cruzeiro | 25 | (6) |
1998–1999 | Kashiwa Reysol | 44 | (25) |
2000 | Portuguesa | 10 | (16) |
2000 | Atlético Paranaense | 4 | (0) |
2001 | Portuguesa | 0 | (0) |
2001 | Oita Trinita | 21 | (16) |
2002 | Kawasaki Frontale | 37 | (20) |
2003–2004 | Avispa Fukuoka | 64 | (26) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antônio Bento dos Santos, máis coñecido como Bentinho, nado en Montes Claros, Minas Xerais, o 18 de decembro de 1971, é un exfutbolista brasileiro. É irmán do tamén exfutbolista Bento.[1]
Comezou a xogar ao fútbol no Portuguesa, club no que tamén militaba o seu irmán máis vello, Bento. Foi compañeiro de Dener nas categorías inferiores, ata que subiu ao primeiro equipo en 1988. Xogou ata 1993 co equipo paulista (exceptuando unha breve cesión ao São José), marcando 62 goles nesa primeira etapa.[2]
Nos seguintes anos alternou clubs asiáticos como o Al Hilal saudita ou o Tokyo Verdy e o Kashiwa Reysol xaponeses, con clubs brasileiros como o São Paulo, o Botafogo, o Cruzeiro e o Atlético Paranaense, ademais de pasar dúas veces máis polo Portuguesa. En 1995, militando no São Paulo, foi o máximo goleador do Campionato Paulista, empatado a 20 goles con Paulinho McLaren, do Portuguesa. En 1997 gañou con Botafogo o único título da súa carreira, o Campionato Carioca, despois de derrotar na final ao Vasco da Gama. Puxo fin á súa carreira en 2004, nas filas do Avispa Fukuoka do Xapón.[3]