Nome orixinal | (fr) Bernard Amé du Bus de Gisignies |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xuño de 1808 Tournai, Bélxica |
Morte | 6 de xullo de 1874 (66 anos) Bad Ems, Alemaña |
Presidente Academie Royale De Belgique (pt) | |
1867 – 1867 | |
Senador da Bélgica (pt) | |
1867 – 1874 | |
Director Instituto Real Belga de Ciências Naturais (pt) | |
1846 – 1867 | |
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica | |
1835 – 1847 | |
Datos persoais | |
Residencia | Bélxica |
Educación | State University of Leuven (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bruxelas |
Ocupación | paleontólogo, político, ornitólogo, coleccionista de arte |
Período de actividade | 1830 - 1874 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Abreviatura do autor en zooloxía | Du Bus |
Familia | |
Familia | Q16034128 |
Fillos | Bernard du Bus de Gisignies |
Pai | Leonard du Bus de Gisignies |
Irmáns | Albéric du Bus de Gisignies |
Jonkheer Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies, nado o en 21 de xuño de 1808 en Sint-Joost-ten-Node, Bruxelas-Capital, e finado o 6 de xullo de 1874 en Bad Ems, Reino de Prusia, foi un nobre neerlandés e máis tarde un político, ornitólogo e paleontólogo belga.
Bernard du Bus de Gisignies foi o segundo fillo de Leonard Pierre Joseph du Bus de Gisignies. Estudou Dereito na Universidade Estatal de Lovaina, pero pronto se interesou máis pola ornitoloxía.
En 1835 presentou un manuscrito á Real Academia de Bélxica no que describía o paxaro Leptorhynchus pectoralis.
Foi deputado por Soignies (Provincia de Hainaut).
Casou con Petronilla Truyts o 19 de maio de 1845, matrimonio que tivo dous fillos, Bernard Daniel e Chretien.
Foi o primeiro director do Real Instituto Belga de Ciencias Naturais en 1846. Nesta ocasión doou ao Museo desta institución 2 474 aves da súa propia colección.
En 1860, durante a construción de novas fortificacións ao redor de Anveres interesouse pola paleontoloxía. Os fósiles atopados eran principalmente de baleas.
Encontrou dous esqueletos de Balaena mysticetus e un dunha inmatura balea azul (Balaenoptera musculus), que aínda hoxe están expostos no Museo.
Nese mesmo ano encontrouse preto de Lier o esqueleto dun mamut que foi levado ao Museo (onde está expoto dende 1869). Nese momento o único outro esqueleto dun mamut estaba exposto no museo de San Petersburgo.
En 1867 foi nomeado director da sección de ciencias da Real Academia de Bélxica.
A abreviatura Du Bus de Gisignies emprégase para recoñecer a Bernard du Bus de Gisignies como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.