A partir deste uso, posteriormente deu lugar tamén á denominación dun tipo de figuración heráldica.[3]
A palabra é unha evolución do gregoΒυζάντιον (Byzantion; "Bizancio", antigo nome de Constantinopla, a capital do Imperio bizantino), chegada a nós a través da expresión latina Byzantius nummus ("moeda de Bizancio") [4]
As primeiras moedas ás que se lles aplicou esta denominación foron as de ouro emitidas polo propio Imperio Bizantino, é dicir, o nomisma e, xa a partir do século XI, o hyperpyron. Máis adiante, o termo ampliouse aos dinares dos califatosislámicoscuñados sobre a base daquelas moedas, sobre todo ata o século XIII, aínda que a denominación se mantivo posteriormente durante séculos como unidade de conta.[5][6] Entre 1130 e 1140, os Estados croatas, que ata daquela emitiran moedas non distinguibles dos dinares, comezaron a emitir tamén besantes, máis lixeiros e con menor cantidade de ouro cós dinares.[7]
Pola súa vez, ás moedas de ouro emitidas polo Reino de Xerusalén e o Condado de Trípoli denominóuselles "besantes sarracenos", xa que estaban concibidas a partir do dinar.[8][9]
Paralelamente a estas moedas de ouro, coñécese tamén como besante ou "besante branco" a moeda de prata ou de electro emitida polo Reino de Chipre e baseada no aspron trachy bizantino.[12]
En heráldica, coñécese como besante unha figura circular de cor dourada, en referencia ao sentido orixinal da palabra como designación monetaria. Como moitas figuras heráldicas, a do besante orixinouse durante os tempos das cruzadas, cando os cabaleiroseuropeos occidentais tomaron contacto por primeira vez coas moedas de ouro bizantinas.[13][14]
Durante a cuarta cruzada, a cidade de Constantinopla foi saqueada polos exércitos de Occidente e entre os botíns dos soldados necesariamente había importantes cantidades de besantes. Este evento tivo lugar nos albores da adopción xeneralizada de armas por parte da clase cabaleiresca e, xa que logo, moitos destes cabaleiros retornados incorporaron os besantes nos seus brasóns.
↑Ehrenkreutz, A. S. "Arabic Dinars Struck by the Crusaders: A Case of Ignorance or of Economic Subversion". En Journal of the Economic and Social History of the Orient. 7:2 (1964)
↑Boas, Adrian J. Crusader Archaelogy: The Material Culture of the Latin East. Routledge, 1999. Páxina 181. ISBN 0415173612
↑"A Hoard of Early Tripolitan Crusader Bezants". En The Numismatic Chronicle. Vol. 154 (1994) pp. 214-217.
Metcalf, D. M. "Crusader Gold Bezants of the Latin Kingdom of Jerusalem: Two Additional Sources of Information". En The Numismatic Chronicle. Vol. 160 (2000), pp. 203–218.
Malloy, A. G.; Preston, I. F.; Seltman, A. J. Coins of the Crusader States 1098-1291. Attic Books. Nova York, 1994. ISBN 0915018500.
Ehrenkreutz, A. S.; Emington, T.; Sālih Sārī. "Contributions to the Knowledge of the Standard of Fineness of Silver Coinage Struck in Egypt and Syria during the Period of the Crusades". En Journal of the Economic and Social History of the Orient. 31:3 (1988).
Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6