B2M | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
| ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 15 q21.1 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
A β2 microglobulina, tamén coñecida como B2M, é unha proteína compoñente das moléculas MHC de clase I. As moléculas MHC de clase I constan das proteínas α1, α2 e α3, que están presentes en todas as células nucleadas (isto exclúe os glóbulos vermellos do sangue).[1][2] Nos humanos, a β2 microglobulina[3] está codificada no xene B2M situado no cromosoma 15.[2][4]
A β2 microglobulina sitúase ao lado da cadea α3 na superficie da célula. A diferenza da α3, a β2non ten rexión transmembrana. A cadea α1 encóntrase directamente sobre a β2 (é dicir, a maior distancia da superficie celular), e está ao lado da α2.
A β2 microglobulina asóciase non só coa cadea alfa das moléculas MHC de clase I, senón tamén con moléculas similares ás de clase I como CD1 (5 xenes en humanos), MR1, o receptor Fc neonatal (FcRn) e Qa-1 (unha forma de aloantíxeno). Non obstante, o xene da β2 microglobulina está situado fóra do locus MHC (HLA) e nun cromosoma diferente.
Unha función adicional é a asociación coa proteína HFE, para regularen xuntas a expresión da hepcidina no fígado, que ten como diana o transportador de ferro ferroportina na membrana basolateral dos enterocitos e a membrana plasmática dos macrófagos orixinando a degradación da ferroportina, o que ten como resultado un decrecemento na captación de ferro da comida e unha diminución da liberación de ferro a partir de glóbulos vermellos reciclados no sistema fagocítico mononuclear, respectivamente. A perda desta función causa que haxa un exceso de ferro e hemocromatose.[5]
Na infección por citomegalovirus, unha proteína a viral únese á β2 microglobulina, impedindo a ensamblaxe de moléculas do MHC de clase I e o seu transporte á membrana plasmática.
Preparáronse modelos de ratos deficientes no xene da β2 microglobulina. Estes ratos demostran que cómpre a β2 microglobulina para a expresión na superficie celular de MHC de clase I e a estabilidade da fenda onde se une o péptido. De feito, en ausencia de β2 microglobulina, só poden detectarse cantidades moi limitadas de moléculas do MHC de clase I (clásicas e non clásicas) na superficie (síndrome do linfocito nu).
En pacientes sometidos a hemodiálise a longo prazo, pode agregarse en fibras amiloides que se depositan en diversos compartimentos corporais, unha doenza coñecida como amiloidose relacionada coa diálise.
Baixos niveis de β2 microglobulina poden indicar unha non progesión da infección por VIH.[6]
Os niveis de β2 microglobulina poden estar elevados no mieloma múltiple e linfoma, aínda que neses casos a amiloidose primaria e a secundaria son máis comúns. O valor normal da β2 microglobulina é < 2 mg/L.[7] Os tests de diagnóstico para o mieloma múltiple inclúen medir o nivel de β2 microglobulina, porque este nivel é un importante indicador de diagnóstico. En 2011 detrerminouse que un paciente cun nivel < 4 mg/L espérase que teña unha supervivencia media de 43 meses, mentres que outro cun nivel > 4 mg/L ten unha supervivencia media de só 12 meses.[8] Porén, os niveis de β2 microglobulina non poden distinguir entre a gammapatía monoclonal de importancia non determinada (MGUS, do inglés monoclonal gammopathy of undetermined significance), que ten un mellor prognóstico, e o mieloma de baixo grao.[9][10]
Detectáronse mutacións de perda de función no xene B2M en pacientees de cancro que non responden a inmunoterapias.[11]