Beyond White Space | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Beyond White Space |
Director | Ken Locsmandi |
Produtor | Ryan Colucci James Devoti Mark B. Newbauer |
Guión | Ryan Colucci Clay McLeod Chapman |
Intérpretes | Holt McCallany |
Música | Nima Fakhrara Navid Hejazi |
Fotografía | Tom Clancey |
Montaxe | Yoshio Kohashi Eric Potter |
Estudio | Spoke Lane Entertainment Filmworks/FX White Space Productions |
Distribuidora | Vertical Entertainment |
Estrea | 14 de decembro de 2018 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Estados Unidos Hungría |
Xénero | Ciencia ficción e suspense |
Na rede | |
http://www.enterwhitespace.com/ | |
Beyond White Space é un filme estadounidense-húngaro de 2018 dirixido por Ken Locsmandi e protagonizado por Holt McCallany. Conta a historia da tripulación dunha nave espacial comercial no bordo do espazo inexplorado que atopa unha valiosa e enorme criatura alieníxena.
O USS Essex está viaxando polos lugares máis afastados do Universo coñecido e de súpeto atópase cunha criatura xigantesca. Despois de que uns piratas rouben o seu cargueiro e de quedar sen a maioría das súas subministracións o capitán decide capturar a criatura. A criatura é unha rara e case extinta especie alieníxena e o capitán obsesiónase coa súa captura. A tripulación do barco amotínase e pouco despois a criatura xigantesca ataca o barco.
Vertical Entertainment adquiriu os dereitos de distribución de América do Norte en setembro de 2018.[1] O filme estreouse en cinemas escollidos e en VOD o 14 de decembro de 2018.[2][3][4]
The Hollywood Reporter deulle unha crítica negativa ao filme, calificándoo de "ciencia ficción atractiva mais parva".[5]