Bidens aurea | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
''Bidens aurea'' (Aiton) Sherff |
A Bidens aurea é unha especie de planta pertencente á familia Asteraceae. En Galicia está catalogada como especie invasora.[1]
É unha herba perenne, rizomatosa, que alcanza un tamaño de 50 cm a 1 m de altura, cos talos verdosos ou café avermellados. Posúe follas opostas, de bordo aserrado. As flores, solitarias (capítulos), de 20 a 35 mm de diámetro, con flores liguladas brancas, coa rexión interna de tonalidade amarelada. Os seus froitos son aquenios, angulosos, con 2 a 4 ganchiños retortos no extremo.
Especie orixinaria de América Central, presente en climas tépedos e cálidos. Planta silvestre, formando matas densas en xardíns. Foi descrita como maleza en viñedos en Chile e a Arxentina.
Esta planta ten utilidade medicinal en Michoacán e Sonora para as enfermidades do peito, en xeral empréganse as ramas e follas, pero se hai dor, tómase a infusión de toda a planta. En padecimentos gastrointestinas, como inflamación do estómago, inxírese a infusión das follas, ou bébese a infusión da rama como auga de uso para que actúe como purgante. Repórtase útil nos tratamentos do mal de ouriños, hidropesía, diabetes, dor intestinal e en casos de mala dixestión.
Na raíz de B. aurea identificáronse o alquenino trideca-1-trans-11-diene-3-5-9-tetrayne e 3 derivados deste composto e o liganano 1 -(2-acetoxi-2-metil-propionil-oxi)-isobutirato de eugenol. Na parte aérea indícase a presenza de alquinos, un derivado do tetradecadieno, e seis derivados do tridecadieno.[2]
Bidens aurea foi descrita por (Aiton) Sherff e publicada en Botanical Gazette 59(4): 313. 1915.[3][4]
Número de cromosomas de Bidens aureus (Fam. Compositae) e taxóns infraespecíficos: 2n=6X=72[5]
Bidens: nome xenérico derivado de dúas palabras latinas "bis" (= dúas veces) e " dens " (= dente)[6] e refírese ás cerdas dos aquenios dalgunhas especies deste xénero que están formados só por dous dentes afiados. Os primeiros estudosos da natureza do Renacemento, incluído Pietro Andrea Mattioli (1501 - 1578), humanista e médico, así como botánico, incluíran as especies deste xénero no grupo de Eupatorium, pero foi o botánico francés Joseph Pitton de Tournefort (1656 - 1708 ) quen concedeu importancia ao carácter do aquenio e utilizou este nome por primeira vez (e polo tanto fundou a etimoloxía), que máis tarde Carl von Linné mantivo nos seus escritos a partir de 1737.[7]
aurea: epíteto latino que significa "dourado".[8]