Bilifitas Biliphyta | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Primeiro plano dunha alga vermella (Laurencia sp.), das augas mariñas de Hawai | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Filos | |||||||
|
A das bilifitas (Biliphyta) é un subreino de plantas do grupo das algas.
O subreino foi descrito en 1981 polo biólogo anglo-canadense Thomas Cavalier-Smith.[1]
O subrerino subdivídese en dous filos:[2]
Inicialmente, Cavalier-Smith suxiriu en 1981 que este grupo se trataría dun reino,[3] pero logo consideraríao un subreino dentro da clasificación das plantas.
A unidade deste grupo foi confirmada posteriormente sobre a base de estudos filoxenómicos sobre as proteínas transferidas desde os cloroplastos ao núcleo celular e as secuencias de xenes dos cloroplastos,[4] polo que o seu nivel taxonómico podería estar validado.[5]
Porén, diversas análises filoxenéticas denotan que a monofilia deste grupo non está consensuada. Neste sentido cómpre destacar que o WoRMS só admite, dentro do subreino, o filo das rodófitas.[6]
Estas algas caracterízanse por teren ficobilisomas, complexos proteicos (formados por até 600 polipéptidos) ancorados ás membranas dos tilacoides.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilifitas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilifitas |