Bion 10 / Kosmos 2229 | |
---|---|
Tipo | Biolóxico |
Data de lanzamento | 29 de decembro de 1992, 13:30 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4] |
Duración da misión | 12 días[5] |
Obxectivo da misión | Experimentación biolóxica.[2][3][4] |
Regreso | 10 de xaneiro de 1993[1][5] |
NSSDC ID | 1992-095A |
Masa | 6000 kg[2][4][5] |
Bion 10, tamén coñecido como Kosmos 2229, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de decembro de 1993 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Bion 10 foi o décimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 397 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.[3][5]
Bion 10 levaba bordo dous monos e varios insectos, anfibios, plantas e cultivos celulares obxecto de experimentos deseñados por científicos de nove países e da ESA.[2]
A cápsula regresou o 10 de xaneiro de 1993, tras 12 días de voo.[2][5]