Bion 3 / Kosmos 782 | |
---|---|
Tipo | Biolóxico |
Data de lanzamento | 25 de novembro de 1975, 17:00 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4] |
Duración da misión | 19,5 días[5] |
Obxectivo da misión | Experimentación biolóxica.[2][3][4] |
Regreso | 15 de decembro de 1975[1][5] |
NSSDC ID | 1975-110A |
Masa | 6000 kg[2][4][5] |
Bion 3, tamén coñecido como Kosmos 782, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 25 de novembro de 1975 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Bion 3 foi o terceiro satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 227 km de perixeo, 405 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.[3][5]
Bion 3 foi a primeira colaboración entre a Unión Soviética e os Estados Unidos no campo da investigación biomédica do voo espacial. A súa carga consistiu en 14 experimentos preparados por científicos de sete países, incluíndo unha centrifugadora para comparar os resultados dos experimentos cos animais (incluídos ratas e tartarugas) sometidos á forza de gravidade artificial da centrifugadora cos dos animais que permaneceron en microgravedade. Tamén se estudaron os efectos do envellecemento nas moscas da fruta e nos tecidos de plantas con crecementos tumorais.[2]
A cápsula regresou o 15 de decembro de 1975, tras 19,5 días de voo.[2][5]