Bion 7 / Kosmos 1667 | |
---|---|
Tipo | Biolóxico |
Data de lanzamento | 10 de xullo de 1985, 3:15 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4] |
Duración da misión | 6,9 días[5] |
Obxectivo da misión | Experimentación biolóxica.[2][3][4] |
Regreso | 17 de xullo de 1985[1][5] |
NSSDC ID | 1985-059A |
Masa | 6000 kg[2][4][5] |
Bion 7, tamén coñecido como Kosmos 1667, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 10 de xullo de 1985 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Bion 7 foi o sétimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 222 km de perixeo, 297 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89 minutos.[3][5]
Bion 7 levaba experimentos a bordo deseñados por científicos de nove países, entre eles dous macacos Rhesus para o estudo do sistema vestibular e o fluxo de sangue, así como o efecto das radiacións; dez ratas macho e dez tritóns, que foron usados para estuda-la velocidade de recuperación de feridas no espazo. Usouse un calorímetro para medi-lo intercambio de enerxía no paso da fase de ninfas a moscas de 1500 Drosophila melanogaster que tamén ían a bordo. Ademais, con Bion 7 voaron sementes de millo, azafrán e peixes Guppy nun acuario.[2]
A cápsula regresou o 17 de xuño de 1985, tras uns 7 días de voo.[2][5]