Bion 9 / Kosmos 2044 | |
---|---|
Tipo | Biolóxico |
Data de lanzamento | 15 de setembro de 1989, 6:30 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4] |
Duración da misión | 14 días[5] |
Obxectivo da misión | Experimentación biolóxica.[2][3][4] |
Regreso | 29 de setembro de 1989[1][5] |
NSSDC ID | 1989-075A |
Masa | 6000 kg[2][4][5] |
Bion 9, tamén coñecido como Kosmos 2044, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 15 de setembro de 1989 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Bion 9 foi o noveno satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 216 km de perixeo, 294 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.[3][5]
Bion 9 levaba 80 experimentos a bordo provenientes de nove países e da ESA, relacionados co mareo, a reprodución e a rexeneración, a inmunoloxía e a readaptación á gravidade normal. A bordo ían roedores, tritóns, peixes, moscas da froita, formigas, vermes, células e sementes, así como dous macacos.[2]
A cápsula regresou o 29 de setembro de 1989, tras 14 días de voo, con algúns espécimes mortos debido a un fallo no control térmico da cápsula.[2][5]