O bispo auxiliar, do mesmo xeito que o bispo diocesano, é o sacerdote que recibe polo sacramento da orde o grao do episcopado (do grego επισκοπος epískopos, 'vixiante'). A diferenza radica en que o bispo auxiliar colabora co bispo diocesano dalgunha diocese existente.
Cando se ordena a un Bispo sen darlle o goberno dunha diocese, a Santa Sé outórgalle a titularidade dalgunha diocese xa extinta. No caso do Bispo auxiliar dunha diocese existente é ao mesmo tempo Bispo titular doutra diocese inexistente.
Esta tradición orixinouse cando as cidades sedes de dioceses católicas eran atacadas, logo do cal o bispo diocesano emigraba a unha cidade onde podía estar seguro. Ao chegar a aquela diocese, presentábase ao bispo diocesano e auxiliábao en todo o que este necesitase, mentres non puidese volver á súa diocese orixinal.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bispo auxiliar |