black midi | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 2017 - presente |
Xénero(s) | post-punk, math rock, noise rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Rough Trade Records, Speedy Wunderground |
Membros | Geordie Greep Matt Kwasniewski-Kelvin Cameron Picton Morgan Simpson |
Artistas relacionados | Damo Suzuki |
Na rede | |
bmblackmidi.com | |
Black Midi (estilizado como black midi) é unha banda inglesa de rock experimental procedente de Londres. O grupo está composto por Geordie Greep (voces, guitarra), Matt Kwasniewski-Kelvin (voces, guitarra), Cameron Picton (voces, baixo) e Morgan Simpson (batería). O seu nome deriva do xénero musical xaponés Black MIDI, aínda que a súa música non ten nada que ver con el. O seu son describíuse como rock experimental,[1][2][3] math rock,[4][5] rock progresivo,[5] noise rock[6] e post-punk.[7]
A banda comezou a súa carreira no selo do produtor Dan Carey, Speedy Wunderground, a través do cal lanzaron o seu sinxelo "bmbmbm" en 2018. O seu álbum de estrea, Schlagenheim, foi editado o 21 de xuño de 2019 a través do selo Rough Trade Records e coa produción de Carey. O disco foi aclamado pola crítica,[8] entrou no top 50 da lista de álbums británica, e foi nomeado ao Mercury Prize de 2019.
O 5 de xuño de 2020 a banda publicou a antoloxía The Black Midi Anthology Vol. 1: Tales of Suspense and Revenge exclusivamente a través de Bandcamp.[9] O segundo álbum de black midi, Cavalcade, apareceu o 26 de maio de 2021 tamén a través do selo Rough Trade.[10]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Schlagenheim | 2019 | Rough Trade Records |
Cavalcade | 2021 | Rough Trade Records |