Blanquita | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Blanquita |
Director | Fernando Guzzoni |
Produtor | Giancarlo Nasi Pablo Zimbrón Alva Donato Rotunno Pascal Guerrin Yves Darondeau Emmanuel Priou Beata Rzezniczek |
Guión | Fernando Guzzoni |
Intérpretes |
|
Música | Chloé Thevenin |
Fotografía | Benjamín Echazarreta |
Montaxe | Jaroslaw Kamiński Soledad Salfate |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 4 de setembro de 2022 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Blanquita é un filme de 2022 e coprodución internacional dirixido por Fernando Guzzoni e protagonizado por Alejandro Goic, Amparo Noguera, Marcelo Alonso, Daniela Ramírez e Ariel Grandón. O filme tivo a súa estrea internacional o 4 de setembro de 2022 no Festival Internacional de Cinema de Venecia, na sección "Horizons",[1][2][3] onde gañou o premio ao mellor guión.[4][5] Estreouse o 9 de decembro en Cinema Village de Nova York e en Laemmle Glendale dos Ánxeles.[6] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[7] mais finalmente non foi nomeado.
O filme baséase nun escándalo de prostitución infantil real, o caso Spiniak, que sacudiu a Chile a comezos dos anos 2000,[8] e narra a historia de Blanquita (Laura López), unha residente dunha casa de acollida de 18 anos, que se converte na testemuña clave dun escándalo no que están involucrados poderosos empresarios e políticos.[9]