Bloc Català

Bloc Català
Antigo partido político de Cataluña Norte
Dirixentes e organización
LíderGérard Tarrius
(Presidente)
Jordi Vera
(Secretario Xeral)
Historia
Fundación23 de outubro de 2001
O 3 de decembro de 2006 transformouse na federación de Convergència Democràtica de Catalunya en Cataluña Norte
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo catalán
Outros datos
SedePerpiñán

O Bloc Català foi un partido político da Cataluña do Norte creado o 23 de outubro de 2001. Definíase como unha formación de centro-esquerda que promulgaba unha identidade catalá aberta ó mundo. Unha das súas propostas era a creación dunha rexión catalá do norte dentro do estado francés.

Este partido foi un dos motores do movemento hostil á denominación Septimanie que pretendía impulsar o presidente da rexión Llenguadoc-Rosselló Georges Frêche. Como símbolo da resistencia catalá a este cambio forzado adoptou como mascota o Burro enmascarado.

Participou dende 2002 en tódalas eleccións da Cataluña do Norte: as cantonais, lexislativas, rexionais e europeas.

O 3 de decembro de 2006, o Bloc Català trocou de nome e converteuse nunha federación autónoma, representante da Cataluña Norte, no seo de Convergència Democràtica de Catalunya.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]