Bloques de cores | |
---|---|
Formato | Infantil |
Creado por | Joe Elliot David Bowman |
Desenvolvido por | Blue Zoo Alphablocks Ltd |
Dirixido por | Francesca Adams (directora) Dan Cripps (director de animación) |
Intérpretes | Claire Morgan Will Jennings Bayo Gbadamosi Harriet Carmichael Kayi Ushe Akiya Henry David Holt Beth Chalmers Dominique Moore |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 45 |
Produción | |
Duración | 5 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBeebies |
Primeiro episodio | 12 de setembro de 2022 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bloques de cores[1] (en inglés: Colourblocks) é unha serie de animación infantil británica que se emitiu en CBeebies dende o 12 de setembro de 2022.[2] A serie segue as aventuras de personaxes de bloques,[3] e cada un leva o nome dunha cor.[4] Xunto coas series Alphablocks e Numberblocks forma parte do "Blocks Universe".[2] Encargado pola British Broadcasting Corporation, o programa foi creado por Joe Elliot e David Bowman, e producido por Alphablocks Ltd. con Blue Zoo Animation Studio.[2][5]
Producíronse dúas tempadas. A partir de 2024, a serie estaba programada para a produción ata 2027, segundo un acordo entre Alphablocks Ltd. e Blue Zoo e a BBC.[5]
A primeira tempada dobrada ao galego estreouse na plataforma de Xabarín Club o 31 de xullo de 2024. A segunda tempada da serie dobrada ao galego estreouse o 20 de setembro de 2024.[6]