Nome | Blue Bulls | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1938 | ||
Sede | Pretoria, Suráfrica | ||
Estadio(s) | Loftus Versfeld | ||
Capacidade | 51.760 persoas espectadores | ||
Adestrador | Frans Ludeke | ||
Capitán | Victor Matfield | ||
Liga(s) | Currie Cup | ||
2010 | semifinalista | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.thebulls.co.za BlueBulls.co.za] | |||
Blue Bulls é un equipo profesional de rugby fundado no ano 1938 co nome de Northern Transvaal na cidade de Pretoria, e que compite no campionato surafricano, a Currie Cup.
O club está dirixido pola Blue Bulls Rugby Union, que tamén dirixe ó equipo dos Bulls que compiten no Super 14.
A orixe dos Blue Bulls foi a división da Northern Transvaal Rugby Union coa Transvaal Rugby Football Union en 1938, comezando a operar inmediatamente a nova Union cun equipo independente chamado Northern Transvaal. O primeiro éxito do equipo non se fixo agardar moito, xa que en 1946 conquistou por vez primeira a Currie Cup. Dende finais da década dos anos 60, produciuse un troco na xerarquía da máxima competición surafricana de rugby (que tiña sido dominada por Western Province) cando Northern Transvaal gañou 12 dos 14 campionatos disputados entre 1968 e 1981.
Nas filas de Northern Transvaal houbo grandes estrelas da historia do rugby mundial como Frik du Preez ou Naas Botha antes da chegada da profesionalización deste deporte nos 90. O nome actual, Blue Bulls, adoptouse ó final da tempada 1997.
Dende entón o club converteuse na base sobre a que se forma o equipo dos Bulls, un dos 5 equipos surafricanos que compiten no torneo Super 14 fronte a equipos neozelandeses e australianos polo máximo título entre clubs de rugby no hemisferio Sur, e que conquistou en 3 ocasións. Do mesmo xeito, os xogadores do equipo foron a base coa que a selección surafricana de rugby obtivo o triunfo na Copa do Mundo do ano 2007, con estrelas como Bryan Habana e Victor Matfield.
O Blue Bulls xoga os seus partidos como local no estadio Loftus Versfeld de Pretoria, que ten unha capacidade para 51.760 persoas.