Bob Bondurant

Modelo:BiografíaBob Bondurant

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Bondurant Editar o valor en Wikidata
27 de abril de 1933 Editar o valor en Wikidata
Evanston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Phoenix, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBob Bondurant, Car Racer Who Tutored Actors on the Track, Dies at 88 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Robert "Bob" Bondurant, nado en Evanston (Illinois) o 27 de abril de 1933 e finado en Paradise Valley, Arizona, o 12 de novembro de 2021,[1] foi un piloto de automobilismo e motociclismo estadounidense. Correu para os equipos Shelby American, Ferrari e Eagle.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa adolescencia pilotou unha motocicleta Indian en óvalos de terra. En 1956 cambiou a Morgan e empezou a chamar a atención cando gañou o Campionato de produción "B" da Costa Oeste, nun Chevrolet Corvette gañando 18 de 20 carreiras.

O concesionario de Santa Barbara de Chevrolet, Shelly Washburn contratou a Bondurant en 1961 para pilotar o seu # 614 Corvette de 1959. Algúns dos mellores duelos de Corvette foron entre el e David McDonald na costa oeste durante a década dos 60. No Gran Premio L.A. Times en outubro de 1962, Bondurant pilotou o novo Corvette Z06 Stingray de Washburn de 1963. Entre 1961 e 1963, gañou 30 das 32 carreiras en Corvettes de Washburn.

The Shelby Daytona Cupé pilotado por Bondurant e Jochen Neerpasch nos 1000 km de Nürburgring de 1965.

En 1963 converteuse en membro do equipo Ford Cobra de Carroll Shelby, gañando a súa primeira carreira na Continental Divide Raceway en Colorado, seguida dunha vitoria na xeral na carreira de The Times Grand Prix GT en Riverside en outubro de 1963. Para a tempada da FIA de 1964, despois de terminar a segunda no GT en Sebring, Bondurant estivo en Europa competindo cos novos 289 FIA Cobras na Targa Florio, Spa e Nurburgring. A súa vitoria máis coñecida foi gañar a clase GT nas 24 Horas de Le Mans de 1964 no novo Cobra Daytona Coupe de Shelby con Dan Gurney como co-piloto. En 1965, Bondurant gañou o Campionato Mundial de Fabricantes da FIA para Shelby American e Ford, gañando sete das dez carreiras contra o dominante Ferrari 250 GTO en Europa. O mesmo ano pilotou un coche de Fórmula 1 de Ferrari no Gran Premio dos Estados Unidos de 1965 en Watkins Glen International e pilotou un Lotus 33 para Reg Parnell no seguinte Gran Premio de México de 1965.

En 1966 Bondurant traballou como consultor técnico para a película de John Frankenheimer Grand Prix e adestrou o actor principal da película James Garner para conducir coches de Fórmula nas secuencias de carreiras. Bondurant tamén pilotou un BRM en cinco Grandes Premios para Team Chamaco Collect, finalizando 4º no Gran Premio de Mónaco de 1966. Terminou a tempada de Fórmula 1 en América do Norte en dúas carreiras, pilotando un Eagle para o Anglo American Racers de Dan Gurney.

En 1967 pilotou nas CanAm series e nun Corvette L88 Coupe de Le Mans liderou a clase GT ata que fallou un pasador no inicio da mañá. Máis tarde aquel mes mentres pilotaba un McLaren, en Watkins Glen, rompeulle o brazo de dirección a 241´4 km/h achegandose a sección Loop-Chute de Watkins Glen (a actual curva 5, pero sen a zona de escape, que foi instaladada en 1992). Bondurant sufriu grandes lesión nas costelas, pernas, pés e o que é máis grave, lesións nas costas no accidente posterior no que o seu coche envorcou oito veces. Os médicos dixéronlle que seguramente non volvería camiñar, pero a través da coraxe e do traballo duro superou as súas feridas.

Mentres se recuperaba, Bondurant redactou unha idea para unha escola de condución de alto rendemento tomando como base as experiencias que tiña de adestrar a James Garner para a película "Grand Prix". A Bob Bondurant School of High Performance Driving abriu a comezos de 1968 en Orange County International Raceway e trasladouse a Ontario e posteriormente mudouse a Sonoma, onde foi unha figura importante no desenvolvemento da pista. Nissan Motor Company (baixo a marca Datsun nos Estados Unidos de América) Foi o socio patrocinador de Bondurant na súa escola dende o seu inicio e continuou nese papel na escola de condución de Sonoma Raceway.

Na carreira de xuño de 1969 da dura carreira Baja 500, Bondurant co co-piloto Tony Murphy tomou o primeiro posto na clase de turismo pilotando un SC / Rambler do equipo "American International Racers" de James Garner que foi patrocinado por American Motors Corporation (AMC) [1].

Bondurant fixo catro saídas na NASCAR, todos no Riverside International Raceway, o seu mellor final foi 18º en 1981.

Tras o terremoto de Loma Prieta de 1989, mudou a escola de condución a Phoenix Arizona, onde ten estreitos lazos con General Motors e Pneumáticos Goodyear.

Bondurant foi instrutor de condución dos actores James Garner, Paul Newman, Clint Eastwood, Robert Wagner, Tim Allen, Tom Cruise, e Nicolas Cage.[Cómpre referencia]

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

SCCA National Championship Runoffs

[editar | editar a fonte]
ano Circuíto Coche Motor Clase Final Saída Status
1977 Road Atlanta Chevrolet Camaro American Sedan 6 8 correndo

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1965 North American Racing Team Ferrari 158 Ferrari V8 RSA MON BEL FRA GBR NED ALE ITA USA
9
NC 0
Reg Parnell (Racing) Lotus 33 Climax V8 MEX
Ret
1966 Team Chamaco Collect BRM P261 BRM V8 MON
4
BEL
Ret
FRA GBR
9
NED ALE
Ret
ITA
7
14º 3
Anglo American Racers Eagle T1G Climax 4 en liña USA
DSC
Weslake V12 MEX
Ret

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1964 Shelby-American Inc. Dan Gurney Shelby Cobra Daytona GT +3.0 334
1965 R.R.C. Walker Racing Team
Shelby-American Inc.
Italia Umberto Maglioli Ford GT40 Mk.I P 5.0 29 Ret. Ret.
1966 North American Racing Team (NART) Masten Gregory Ferrari 365 P2 P 5.0 88 Ret Ret
1967 Dana Chevrolet Inc. Dick Guldstrand Chevrolet Corvette C2 GT +5.0 167 Ret. Ret.
  1. "Bob Bondurant 'iconic American racing hero' dies at 88 in Paradise Valley". Fox 10 Phoenix. Consultado o 14 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Phil Henny (2007): Bob Bondurant: America's uncrowned World Driving Champion. Editions Cotty, ISBN 0-9765247-0-8.
  • Phil Henny et al (2008): Bob Bondurant: Des Cobra à la Formule 1, la même passion. Editions Cotty, ISBN 978-0-9765247-3-1.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]