Boeing 377

Boeing 377
Tipopasaxeiros
FabricanteBoeing
Primeiro voo8 de xullo de 1947
Introducido1 de abril de 1949
Retirado1963
Principais usuariosPan Am
Unidades construídas56[1][2]
VariantesAero Spacelines Pregnant Guppy
Aero Spacelines Super Guppy
Aero Spacelines Mini Guppy

O Boeing 377, tamén chamado Stratocruiser, foi un avión de pasaxeiros de longo alcance fabricado tras a segunda guerra mundial por Boeing.[3] Foi desenvolvido a partir do C-97 Stratofreighter, un derivado do B-29 Superfortress usado para o transporte de tropas. O primeiro voo do Stratocruiser realizouse o 8 de xullo de 1947.[4]

Aparecido a finais dos anos 40, o avión estaba impulsado por catro motores de pistóns, consumía pouco combustible para a época e era capaz de voar a unha altura de 9.700 metros. Tiña tamén unha cabina presurizada, que era unha característica relativamente nova na aviación comercial do tempo.

Con este modelo, as aeroliñas foron capaces de realizar voos transoceánicos máis rápida e doadamente. O avión realizou frecuentemente voos transoceánicos a lugares como Hawai, destinos complicados antes da aparición do 377. Porén, non era moi fiable e só se construíron 56 unidades.

O avión tiña dous pisos. O superior para pasaxeiros de clase turista, mentres que o inferior estaba ocupado para pasaxeiros VIP e tiña un salón con bar. Os viaxeiros padían baixar e tomar unha bebida nos voos longos, unha vez que o avión chegaba á altura de cruceiro. De todos os xeitos, a meirande parte dos Stratocruisers tiñan asentos de clase turista nos dous pisos.

Cando se introduciron os reactores a finais dos anos 50, os avións de hélice non podían facerlle a competencia aos novos modelos, e moitos foron vendidos. Outros foron descartados e algúns a compañía Aero Spacelines convertíunos en Guppys, versións do Stratocruiser cunha fuselaxe máis longo e turbohélices. Unha versión, o Super Guppy, foi usada por Airbus como avión de transporte de partes dos seus aparellos entre as distintas fábricas, ata que foron substituídos polo Airbus Beluga.

  1. "Boeing: Historical Snapshot: Model 377 Stratocruiser Commercial Transport". www.boeing.com. 
  2. "Boeing 377 Stratocruiser". www.aviation-history.com. 
  3. Redding and Yenne 1997, p. 68.
  4. "Boeing History: Stratocruiser Commercial Transport". Boeing.com. 1947-07-08. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.