Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Provincia | Western Savanna Province (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 11.254 (103,25 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 109 km² | |||
Altitude | 2.598 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada | |||
Creación | 1537 (Gregoriano) | |||
Páxina web | bojaca-cundinamarca.gov.co… |
Bojacá é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 40 km de Bogotá. A poboación foi fundada en 1573. Ten unha histórica tradición relixiosa que converteu o seu templo e a imaxe da súa Virxe nun sitio de peregrinación. Forma parte da área Metropolitana de Bogotá segundo o censo do DANE en 2005.
O topónimo «Bojacá» en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «cercado morado», segundo Acosta Ortegón. Miguel Triana di que Moxacá procrea o actual nome de Bojacá, que deriva de boxio, «morado» e ca, «cercado», ou sexa «cercado morado».
Na época precolombiana, Bojacá tivo unha grande importancia económica, social e relixiosa. As inscricións achadas nas pedras denominadas de Chiba Negra, moi preto da área urbana, teñen un especial interese arqueolóxico; alí pódese observar unha variedade de signos trazados en ocre ou algunha resina vexetal descoñecida actualmente.
Presúmese que o poboado colonial foi fundada por Gonzalo Jiménez de Quesada en 1537. Posteriormente este territorio foi repartido en tres encomendas: Bobacé, Bojacá e Cubiasuca. En 1602 estas encomendas son unidas por auto de Real Audiencia de Santafé de Bogotá; para tal efecto foi comisionado o oidor Luis Enríquez. O primeiro curato de Bojacá foi dos dominicos, sendo o seu doutrineiro frei Francisco Atúnez; en 1645 permutárono polo de Cáqueza cos agostiños.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bojacá |