Un bombón[1] (do francés: bonbon - de bon bo) é un doce pequeno de chocolate que pode estar ou non cheo de licor, crema ou outros ingredientes. Ás veces é tratado coma un fondant ou glasa cun recheo de crema.[2] A produción deste tipo de chocolate é moi importante nalgúns países europeos como Bélxica. A comercialización deste tipo de doces especializouse e pode atoparse a súa distribución nas bombonarías e confeitarías.
Malia posuíren ingredientes en común, os bombóns presentam variacións na súa formulación, coma ção, como consecuencia do desenvolvemento das fórmulas para diferentes produtores[3].
O chocolate xeralmente utilizado, sexa branco, con leite ou amargo, atópase en barras ou libras que poden estar constituídas tanto por chocolates producidos exclusivamente con manteiga de cacao, como con aceites hidroxenados[4]. Ademais, alén do chocolate en si, hai unha gran variedade de recheos, que poden ser cacahuete, améndoa, abelá, castaña de pará, noces, anacardio, leite, licores, froitas secas, caramelo, biscoito, froitas frescas, froitas cristalizadas, manteiga, nata etc.[5][6].
Os bombóns presentan unha gran variedade de tipos de recheos. Os principais son: "boiling" (ou fervidos, que inclúen o caramelo, ou butterscotch, e o fudge), "fondants", "croquant" (ou crocantes"), "gianduia", "Mazapán", "Pralinê", "Nougat", "Trufas", "Palets" e "Ganache".[6]
A súa produción cumpre, en xeral, as seguintes etapas: derretemento do chocolate en barra, dosaxe, formación, arrefriamento (solidificación), desformación, embalaxe e almacenamento[7]. En relacións aos equipamentos necesarios, hai unha gran variedade destes, como mesturadores, olas e moldes, por exemplo.
A etapa de almacenamento, polas características intrínsecas do produto, debe protexerse da calor, a luz e a humidade e en lugares sen a presenza de substancias ou produtos afastados da luz ou de produtos que boten cheiro forte, pois o chocolate ten a característica de absober o cheiro externo.[8]