![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1911 ![]() Bangkok, Tailandia ![]() |
Morte | 7 de xuño de 1982 ![]() |
Educación | Universidade de Minnesota (pt) ![]() Universidade de Chulalongkorn ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora ![]() |
Familia | |
Irmáns | Buppha Nimmanhemin ![]() |
Mom Luang Boonlua Debyasuvarn[1], nada co noome de Kunchon en Bangkok o 13 de decembro de 1911 e finada o 7 de xuño de 1982, foi unha escritora, tradutora e educadora tailandesa, coñecida co pseudónimo literario de Boonlua.[2][3] Está considerada unha das educadoras máis importantes de Tailandia durante unha fase crucial da modernización do país.[4]
Foi a menor dos 32 fillos e fillas de Chao Phraya Thewet, oficial de alta gradación, e a única filla de Mom Nual, bailarina clásica tailandesa. Fixo educación primaria nun convento católico, e a educación secundaria en Penang e na Escola Saint Mary’s S.P.G. en Bangkok. En 1936 graduouse en Lingua e literatura tailandesa pola Universidade Chulalongkorn, e en 1950 rematou un mestrado de Educación na Universidade de Minnesota.[5][2][6]
Despois de graduarse comezou a traballar como funcionaria, primeiro como profesora de literatura e despois na administración educativa para o Ministerio de Educación de Tailandia. Despois de facer o mestrado, para o que recibiu unha bolsa, regresou ao seu país. En 1968 encargóuselle crear a Facultade de Artes no campus do Palacio Sanam Chandra da Universidade Silpakorn.[7]
En 1970 deixou de traballar como funcionaria, e dedicouse á escrita.[8][2] Publicou cinco novelas, varios ensaios sobre literatura tailandesa e estableceu as bases para a crítica literaria moderna tailandesa.[7] Algunhas das súas obras foron traducidas ao inglés e analizadas en estudos de literatura comparada de Asia do Sueste. Tamén traduciu obras do inglés ao tailandés e do tailandés ao inglés.[9]
A súa irmá Buppha Kunchon Nimmanhemin tamén é escritora, co pseudónimo literario de Dō̜kmai Sot.[10]