Boris Mikhaïlov (fotógrafo)

Modelo:BiografíaBoris Mikhaïlov

(2022) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Борис Андрійович Михайлов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Khárkiv (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, pintor, enxeñeiro, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFotografía Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1671812

Boris Andreïevitch Mikhaïlov, en idioma ruso Борис Андреевич Михайлов, nado en Khárkiv o 25 de agosto de 1938, é un fotógrafo ucraíno.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñaría polo que comezou exercendo de enxeñeiro, con todo, interesouse pola fotografía aprendéndoa dun modo autodidacta e con 28 anos realizou as súas primeiras fotos, dedicándose a producir fotografías. Tivo que abandonar o seu traballo de enxeñeiro ao considerar a KGB como pornografía unhas fotografías que realizara da súa muller espida, por tanto desde finais da década dos sesenta dedicouse de modo exclusivo á fotografía.

A súa obra atópase próxima a unha fotografía conceptual oposta ao realismo socialista que existía na Unión Soviética; nas súas series empregou escenificacións, fotografías coloreadas ou imaxes antigas cun tratamento novo. Entre 1968 e 1975 realizou unha serie fotográfica coñecida como a "Serie Vermella" na que utilizaba de modo predominante a cor vermella ao fotografar ás persoas e a vida na cidade de Khárkiv.[2] Entre 1971 e 1985 realizou unha serie chamada Luriki que eran retratos de persoas coloreados a man na súa maior parte. En 1980 fixo unha serie titulada Salt Lake na que recollía fotografías de persoas bañándose nunha zona de verteduras industriais, realizada en branco e negro con algunhas viradas ao sepia. En 1982 a serie Viscidity que eran fotos en branco e negro que incorporaban textos. En 1993 a serie At Dusk evoca a evacuación durante a Segunda guerra mundial aínda que recolle a vida das persoas humildes en Ucraína a finais do século XX; as fotografías están realizadas cunha viraxe en azul. En 1999 a serie Case History trata sobre a vida das persoas sen fogar.[3]

En 1997 recibiu o Premio Albert Renger-Patzsch e no ano 2000 o Premio internacional da Fundación Hasselblad, ao ano seguinte o Premio Citibank e o Premio Krazna Krausz ao mellor libro.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • If I were a German. Dresden: Verlag der Kunst Dresden, 1995. ISBN 3-364-00352-1
  • Boris Mikhailov. Stuttgart: Oktagon, 1995. ISBN 9783896110015.
  • By the Ground. Stuttgart: Oktagon, 1996. ISBN 3-927789-91-7.
  • At DUSK. Stuttgart: Oktagon, 1996. ISBN 3-927789-91-7.
  • Unfinished Dissertation. Zúric: Scalo, 1998. ISBN 978-3931141974. Cun ensaio de Margarita Tupitsyn.
  • Case History. Zúric: Scalo, 1999. ISBN 978-3908247098.
  • Boris Mikhailov: The Hasselblad Award 2000. Zúric: Scalo, 2001. ISBN 978-3908247425.
  • Äußere Ruhe / Äussere Ruhe (Drucksache N.F. 4). Düsseldorf: Richter, 2000. ISBN 3-933807-21-2. Fotografías e texto ruso. Inclúe unha tradución ao alemán das notas da fotografía, unha entrevista co artista (en alemán) de Marina Achenbach e biografías (en alemán). Edición de 1000 exemplares.
  • Boris Mikhailov. Phaidon 55 series. Londres : Phaidon, 2000.
  • Salt Lake. 2002 ISBN 3-88243-815-0
  • Boris Mikhailov: A Retrospective.
  • Look at Me I Look at Water . . . or Perversion of Repose, Göttingen: Steidl, 2004. ISBN 978-3882439687.
  • Crimean Snobbism. Tokio: Rathole, 2006.
  • Suzi Et Cetera. Colonia: Walther König, 2007. ISBN 978-3865601131.
  • Yesterday's Sandwich. Londres: Phaidon, 2009. ISBN 978-0714848563.
  • Maquette Braunschweig. 2010. ISBN 978-3-86521-834-6
  • The Wedding. Londres: Mörel Books, 2011. ISBN 978-1907071195.[4]
  • Tea Coffee Cappuccino. Colonia: Walther König, 2011. ISBN 978-3865608772.
  • Time is out of Joint. Berlín: Distanz, 2012. ISBN 978-3942405645.
  • I Am Not. Londres: Morel, 2015. ISBN 978-1-907071-45-4. Cun texto de Simon Baker. Edición de 500 exemplares.
  • Suzi et Cetera (Part 2). 89 Books, 2019.
  • Yesterday's Sandwich II. Tokio: Super Labo, 2019.

Exposicións

[editar | editar a fonte]

Exposicións individuais

[editar | editar a fonte]

Exposicións colectivas

[editar | editar a fonte]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. Koetzle, Hans-Michael (2011). Fotógrafos de la A a la Z. Madrid: Taschen. p. 269. ISBN 978-3-8365-1108-7. 
  2. Tate online (2011). "Documents For the World". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  3. MOMA (2011). "Exhibitions. Boris Mikhailov: Case History" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  4. Páxina sobre The Wedding Arquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Mörel Books.
  5. Behold the Anonymous Downtrodden
  6. The Forbidden Image. Solo exhibition by Boris Mikhailov
  7. "Boris Mikhailov". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 2020-06-24. 
  8. "Revolution vs Revolution". Beirut Art Center. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  9. Previous award winners Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine., Hasselblad Foundation.
  10. "About The Photography Prize". The Photographers' Gallery. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]