Boselafinos Boselaphini Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cabeza de nilgó macho
| |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
A dos boselafinos (Boselaphini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que responde á máis antiga radiación dos bovinos actuais.[1]
Esta tribo comprende actualmente tan só dous xéneros con cadansúa especie de antílopes orixinarios do subcontinente Indio.
Os boselafinos actuais son os últimos superviventes dunha forma moi similar á dos antepasados de toda a subfamilia dos bovinos. Os fósiles máis antigos da tribo, como Eotragus, datan do mioceno, hai uns 16 ou 18 millóns de anos. Estes fósiles posuían cornos moi similares aos dos machos pertencentes ás dúas especies actuais, aínda que nalgúns casos tamén estaban presentes nas femias.[2]
Ambas as especies existentes teñen características anatómicas e condutuais relativamente primitivas, e as femias teñen cornos. Habitan nos bosques da India, dada vez máis escasos, e tenden a evitar as chairas abertas.
O nilgó introduciuse no sur de Texas, Estados Unidos, onde unha poboación de algo menos de 15.000 animais proporciona un seguro para a súa supervivencia a longo prazo.[3]
A subfamilia foi establecida en 1907 polo zoólogo alemán Theodor Christian Bernhard Knottnerus-Meyer,[4][5] na súa obra Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.[6]
Na actualidade, a tribo dos boselafinos inclúe tan só dous xéneros con cadansúa especie:[7]
Tribo Boselaphini
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boselafinos ![]() |