Os brácaros[1] (latín: Bracari) foron un pobo prerromano de cultura castrexa da Gallaecia bracarense que habitaba no noroeste do actual Portugal, entre os río Tâmega e Cávado. A extensión do seu territorio chegaría até o río Douro e acadaría a costa. No seu territorio, por volta do ano -16 construíuse a capital do convento xurídico bracarense, Bracara Augusta.
Seguindo a inscrición epigráfica da Fonte do Ídolo adicada á deusa Nabia e ó deus Tongoenabiagus no nome da cidade de Tongobriga (en Marco de Canaveses), este pobo falaría unha lingua celta.