Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1945 (78 anos) Wilmington, Estados Unidos de América |
Educación | Holderness School (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Robert Brett Lunger, nado o 14 de novembro de 1945 en Wilmington, Delaware, é un expiloto dos Estados Unidos. Lunger foi educado na escola de Wilmington, na Holderness School, e na Universidade de Princeton. Abandonou Princeton logo de tres anos para alistarse para o servizo en Vietnam. Destacou nas ciencias políticas.[1] Nese momento preparaba unha tese sobre a política dos Estados Unidos no Sueste Asiático. O Incidente do Golfo de Tonkín refutou a maior parte da súa tese.[2] Ao regresar de Vietnam como tenente retirado dos marines, comezou a súa carreira como piloto de competición, que realizou principalmente en automóbiles privados, finaciados pola fortuna familiar (Lunger era un descendente da familia DuPont). Tamén é coñecido por axudar a rescatar a Niki Lauda do seu Ferrari en chamas no ciruíto de Nürburgring en 1976.
Lunger non se cíou nunha familia entusiasta dos autos. Criárono para gozar do béisbol, do hockey, e do balompé. Interesouse polas carreiras de automóbiles cando un amigo levouno a unha carreira en 1965. En 1966 foi o "neno rico" das Can-Am series. Entre 1972 e 1973 enfrontouse na Fórmula 2 europea, a pilotos do talle de Emerson Fittipaldi, Ronnie Peterson e Jean-Pierre Jarier. O seu mellor final foi un 4º lugar en Mantorp Park en Suecia, no equipo Space Racing, no seu March-Ford BDA 722. O coche que tiña nese momento non lle permitía facelo mellor. Nun só fin de semana en Rouen, Francia, Lunger rebentou tres motores Ford BDA.
Casou con Jo, a filla de Sir Leonard Crossland, expresidente de Ford en Gran Bretaña e executivo de Lotus en 1975. Lunger usou a casa de campo inglesa da súa esposa como base para negociar cos equipos da Fórmula 1 en 1975.[3]
Participou en 43 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 17 de agosto de 1975, sen lograr ningún punto de campionato durante as súas catro tempadas na Fórmula Un.
A carreira na Fórmula Un de Lunger comezou xunto a James Hunt no equipo de Hesketh Racing en 1975, seguido por unha tempada con Surtees en 1976. O Gran Premio do Reino Unido de 1976 foi probablemente a mellor carreira do seu paso polos GP, clasificado na metade da grella, avanzou pola pista para desafiar ao seu compañeiro de equipo Alan Jones, e a volta rápida de Lunger foi mellorada só por 5 pilotos. Para 1977, comezou a tempada cun vello March 761 de Bob Sparshott e participou baixo o nome do seu patrocinador, Chesterfield Racing, pero cambiou a un McLaren M23 logo de tres carreiras. En 1978, permaneceu co McLaren M23 e tamén intentouno co McLaren M261 M26, pero agora co equipo de carreiras de Sparshott, BS Fabrications. Logo dunha única carreira con Ensign ao final da tempada, Lunger pasouse a carreiras de autos deportivos.
Lunger é quizais máis coñecido por ser un dos pilotos, xunto con Guy Edwards, Arturo Merzario e Harald Ertl que salvou a Niki Lauda do seu coche en chamas durante o Gran Premio de Alemaña de 1976. Lunger describiu o accidente de Lauda que ocorreu na 2ª volta. Saíu a unha velocidade de entre 210 km/h e 230 km/h. "Aparentemente estrelouse ao saír, pasou por un par de ringleiras de valas, subiu un muro de terra relativamente empinado e volveu ao centro da pista, co Ferrari, en chamas. Lunger dixo que Edwards foi capaz de esquivar o coche de Lauda, pero Lunger non puido evitar o choque co Ferrari. Fixo contacto porque "estaba na trazada e non puiden pasar polos restos". Ertl seguiuno, chocando co Ferrari e golpeándoo contra o Surtees de Lunger. Os extintores de Lunger foron disparados pola colisión foi unha fortuna e aforrou tempo no rescate. Lunger saíu do seu Surtees que estaba enredado co Ferrari. Os seus extintores amortiguaran un pouco o lume. Os traballadores chegaron e mantiveron o lume abaixo, botando espuma no Ferrari. Isto permitiu a Lunger e Merzario achegarse ao lume, aínda que non puideron liberar a Lauda ao principio. Lauda estaba consciente, loitando por liberarse pola súa conta. Novamente o lume avivouse e mantivo aos homes afastados ao lado do coche. Lunger saltou encima do Ferrari e agarrou a Lauda polos ombreiros. Merzario desabrochou os cintos de seguridade e Lunger e Lauda caeron do coche cando unha parte da cabina rompeuse. Cando Lauda e Lunger saíron, os comisarios rociáronos de escuma. Quedaron uns segundos na herba. O combustible ardente ía cara a eles así que Lunger e Lauda camiñaron 6 ou 8 pasos lonxe do lume.[4]
Tempada | Series | Posición | Equipo | Coche |
---|---|---|---|---|
1971 | L&M 5000 Continental Championship[5] | 3º | Competition Research & Development | Lola-Chevrolet T192 |
1972 | L&M 5000 Continental Championship[6] | 3º | Hogan Racing | Lola-Chevrolet T300 |
European Championship for Formula 2 Drivers[7] | 24º | Peter Bloome Racing Space Racing |
March-Ford BDA 722 | |
1973 | SCCA L&M Championship[8] | 7º | Hogan Racing | Lola-Chevrolet T330 |
Rothmans F5000 Championship[9][10] | 7º | Hogan Racing Sid Taylor Racing |
Lola-Chevrolet T330 Trojan-Chevrolet T101 | |
European Championship for Formula 2 Drivers[11] | 32º | Space Racing | Chevron -Ford BDA B25 | |
1974 | SCCA/USAC Formula 5000 Championship[12] | 5º | All American Racers | Eagle-Chevrolet 73A |
1975 | CASC Player’s Challenge Series[13] | 22º | Alan MacCall Racing | TUI-Ford BDA BH2 |
1976 | SCCA/USAC Formula 5000 Championship[14] | 11º | Hogan Racing | Lola-Chevrolet T332 |
1978 | Aurora AFX F1 Championship[15] | 21º | BS Fabrications | McLaren-Cosworth M23 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Hesketh Racing | Hesketh 308 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT 13 |
ITA 10 |
USA Ret |
NC | 0 | |||
1976 | Team Surtees | Surtees TS19 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | BRA | RSA 11 |
USW NSC |
ESP NSC |
BEL Ret |
MON | SWE 15 |
FRA 16 |
GBR Ret |
ALE Ret |
AUT 10 |
NED | ITA 14 |
CAN 15 |
USA 11 |
XPN | NC | 0 | |
1977 | Chesterfield Racing | March 761 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX | BRA | RSA 14 |
USW Ret |
ESP 10 |
MON | NC | 0 | |||||||||||
McLaren M23B | BEL NTS |
SWE 11 |
FRA NSC |
GBR 13 |
ALE Ret |
AUT 10 |
NED 9 |
ITA Ret |
USA 10 |
CAN 11 |
XPN | |||||||||||
1978 | Liggett Group / B & S Fabrications | McLaren M23B | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX 13 |
BRA Ret |
RSA 11 |
USW NSC |
NC | 0 | |||||||||||||
McLaren M26 | MON NSCP |
BEL 7 |
ESP NSC |
SWE NSC |
FRA Ret |
GBR 8 |
ALE NSCP |
AUT 8 |
NED Ret |
ITA Ret |
||||||||||||
Team Tissot Ensign | Ensign N177 | USA 13 |
CAN |
(key) (carreiras en grisa indican pole position, carreiras en itálica indican *volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1972 | Peter Bloore Racing | March 722 | Ford BDA | MAL 10 |
24º | 3 | ||||||||||||||||
Space Racing | THR NTS |
HOC Ret |
PAU | CRY NSC |
HOC Ret |
ROU NSC |
ÖST NSC |
IMO NSC |
MAN 4 |
PER | SAL | ALB | HOC DNQ |
|||||||||
1973 | Space Racing | Chevron B25 | Ford BDA | MAL | HOC | THR | NÜR | PAU | KIN | NIV | HOC | ROU 7† |
MNZ Ret |
MAN | KAR 9 |
PER | SAL | NOR | ALB | VAL Ret |
32º | 1 |
† Lunger anotou máis puntos dos que correspondíanlle pola súa posición final, xa que os pilotos que terminaron por diante non podían puntuar.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brett Lunger |