Briceño (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Occidente | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.584 (2015) (40,38 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 64 km² | ||||
Altitude | 1.340 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | briceno-boyaca.gov.co… |
Briceño é un concello colombiano, que se atopa na provincia de Occidente do departamento de Boyacá. Dista uns 50 quilómetros da cidade de Chiquinquirá, a cidade máis poboada da provincia e 130 km á cidade de Tunja, capital do departamento.
O concello de Briceño, foi creado por medio da Ordenanza 14 do 25 de xullo de 1890, expedida pola Asemblea de Boyacá. Debe o seu nome ao Xeneral Manuel Briceño.[1] Daquela, as vereas que o integraban eran Tunungúa, Moray, Yopos, Palo Blanco e Puripi, onde se situada a área urbana, nese entón o territorio do actual concello de Tununguá e as vereas Yopos, Moray, Palo Blanco e Puripi facían parte do concello de Pauna.