Brisingr | |
---|---|
Título orixinal | Brisingr |
Autor/a | Christopher Paolini |
Ilustrador/a | John Jude Palencar |
Cuberta | John Jude Palencar |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Colección | Inheritance Cycle |
Xénero(s) | Ficción xove-adulto Fantasía |
Editorial | Alfred A. Knopf |
Data de pub. | 20 de setembro de 2008 |
Páxinas | 749 |
Precedido por | Eldest |
Seguido por | Inheritance |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brisingr é o terceiro libro do Inheritance Cycle de Christopher Paolini e a secuela de Eldest. Foi lanzado o 20 de setembro de 2008. Orixinalmente, Paolini tiña pensado presentar o Inheritance Cycle en tres libros, pero durante a creación do terceiro decidiu que a serie era demasiado complexa para comprimila toda nun libro. A versión de luxo de Brisingr, na que se inclúen escenas eliminadas e curiosidades, foi estreada o 13 de outubro de 2009.
Brisingr céntrase na historia de Eragon e a súa dragona Saphira a medida que continúan a súa viaxe para derrocar ó gobernante corrupto do Imperio, Galbatorix. Eragon é un dos derradeiros Xinetes de Dragón, un grupo que gobernou o mundo ficticio de Alagaësia, que é o lugar onde ocorren tódolos feitos. Brisingr comeza no punto inmediatamente despois no que conclúe a anterior, Eldest.