Bro Garmon é unha comunidade de Conwy en Gales de 652 habitantes[1], situada no leste do val de Conwy. O principal asentamento é Capel Garmon, e tamén están habitados os lugares de Glan Conwy, Melin-y-coed, Nebo, Oaklands e Pentre-tafarn-y-fedw. A zona máis elevada é Moel Seisiog a 468 m no leste da comunidade. No sur de Capel Garmon localízase unha tumba de cámaraneolítica datada hai 5500 anos[2]. O 68,2% da poboación ten algunha clase de competencia en lingua galesa.[3]
↑Royal Commission on the Ancient and Historical Monuments of Wales (ed.). "Capel Garmon Burial Ghamber". Coflein. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 07 de marzo de 2015.