Brookesiinos Brookesiinae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brookesia micra | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos brookesiinos (Brookesiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, unha das dúas nas que se subdivide a familia dos camaleónidos (a outra é a dos camaleoninos).
A subfamilia foi descrita en 1986 polos herpetólogos alemáns Charles J. Klaver e Wolfgang Böhme.[1]
O nome científico, Brookesiinae, está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, Brookesia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio das subfamilias de animais.
Na primeira clasificación de Klaver e Böhme, a subfamilia dos Brookesiinae incluía os xéneros Brookesia e Rhampholeon, así como os dous xéneros que despois se separaron deles (Palleon e Rieppeleon),[2] mentres que a dos Chamaeleoninae incluía os xéneros Bradypodion, Calumma, Chamaeleo, Furcifer e Trioceros, así como outros xéneros despois divididos (Archaius, Nadzikambia e Kinyongia). Porén, nese momento, a validez desta clasificación en dúas subfamilias foi obxecto de moitos debates,[3] considerando que a maioría dos estudos filoxenéticos apoiban a idea de que os camaleóns pigmeos da subfamilia dos Brookesiinae non son un grupo monofilético.[4][5][6][7]
Porén, en 2015, Glaw reformulou a división subfamiliar situando só os xéneros Brookesia e Palleon dentro da subfamilia dos Brookesiinae, situándose todos os demais xéneros na dos Chamaeleoninae.[8]
Na actualiade, na subfmilia recoñécene os dous xéneros seguintes:
Os brookesiinos son camaleóns moi pequenos, xa que o seu tamaño oscila entre os 23 e os 29 mm de Brookesia micra até os 9 cm da maioría das especies. A súa cola é rudimentaria, e normalmente só alcanza uns milímetros de lonxitude, non é prénsil como a dos camaleóns vrdadeiros (a subfamilia dos camaeleoninos). Caracterízanse polas súas cores apagadas, principalmente pardas ou verdes, en contraste cos seus parentes, que adoitan teren cores máis vivas.[Cómpre referencia]
Encóntranse na África central e Madagascar. Teñen hábitos terrestres ou poden atoparse nos niveis máis baixos de zonas arbustivas.[Cómpre referencia]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Broquesiinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Broquesiinos |