Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1918 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de xaneiro de 2010 (91 anos) Haifa, Israel |
Educación | Universidade Columbia Universidade Hebrea de Xerusalén |
Director de tese | L. Onsanger (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Lugar de traballo | Instituto Weizmann da Ciência (pt) Universidade de Haifa |
Ocupación | física, profesora universitaria, matemática |
Empregador | Universidade de Pensilvania Instituto Weizmann da Ciência (pt) Universidade de Haifa |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Mayer Humi (en) |
Bruria Kaufman, nada en Nova York o 21 de agosto de 1918 e finada en Haifa o 7 de xaneiro de 2010, foi unha física teórica israelí. É coñecida polas súas contribucións á teoría xeral da relatividade de Albert Einstein, á física estatística, onde aplicou a análise spinor para rederivar o resultado de Lars Onsager sobre a función partición do modelo de Ising bidimensional, e ao estudo do efecto Mössbauer, no que colaborou con John von Neumann e Harry Lipkin.
Bruria Kaufman naceu en Nova York nunha familia xudía de orixe ucraína. En 1926 a familia emigrou ao mandato británico de Palestina, vivindo primeiro en Tel Aviv e despois en Xerusalén. Os seus principais intereses durante a súa mocidade foron a música e as matemáticas.[1]
Estudou matemáticas e recibiu unha bolsa de ciencia na Universidade Hebrea de Xerusalén en 1938 e un PhD da Universidade de Columbia en 1948. Casou co lingüista Zellig S. Harris en 1941.
En 1960, estableceuse no kibbutz Mishmar Ha'emek e adoptou unha filla, Tami.[2]
Kaufman volveu aos Estados Unidos en 1982. Viviron en Pensilvania, onde daba clases o seu home. El faleceu en 1992 e Kaufman mudouse a Arizona e casou co premio Nobel Willis Eugene Lamb en 1996, aínda que o matrimonio acabou en divorcio. Faleceu en 2010 Carmel Hospital de Haifa, logo dunha estadía nunha casa de repouso en Kiryat Tiv'on, non lonxe de Haifa. Segundo os seus desexos, o seu corpo foi incinerado.[3]
Kaufman foi investigadora asociada no Institute for Advanced Study de Princeton entre 1948 e 1955, onde traballou con John von Neumann (1947-48) e Albert Einstein (1950–1955). Pasou os seguintes anos na Universidade de Pensilvania traballando nun proxecto de lingüística matemática.
Kaufman volveu a Israel en 1960 con Harris e converteuse en profesora do Instituto Weizmann de Ciencia en Rehovot (1960–1971) e despois na Universidade de Haifa (1972–1988).