Buhos | |
---|---|
![]() | |
Tipo | grupo musical |
Data de fundación | 2005 |
Premios | Catalan Disc of the Year Award, Enderrock Awards to the best song e Enderrock Awards to the best video clip |
Na rede | |
https://www.buhosrock.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Buhos é un grupo de rock festivo fundado en Calafell (Baix Penedès, Cataluña) en 2005. Ten influencias doutros estilos, coma o reggae e o ska.[1]
En 2007 editaron a súa primeira maqueta, Rebelión en la plaza. O grupo gañou popularidade tras gravaren un conxunto de cancións sobre o FC Barcelona para as emisoras de radio Ona FM e RAC1. Tamén publicaron cancións satíricas de actualidade para os programas APM e Zona zàpping, da Televisió de Catalunya.
Aínda na súa primeira etapa, Buhos animou todas as celebracións dos títulos conseguidos polo Barça con Pep Guardiola na plaça de Catalunya e no Arco de Triunfo. Durante os primeiros anos da súa carreira, nos concertos de Buhos soaban versións doutros grupos e cancións propias, entre elas «Nen dels 80» (con Gerard Quintana), «Messi»[2] (primeira canción dedicada ao futbolista arxentino), «Birres i més Birres», «Estoy Quemao», «Botellón» e «Festa Major».
En 2014, cunha formación renovada, publicaron Natura salvatge, un disco cheo de cancións orixinais que marcarán o estilo desta nova etapa. Ademais de buscaren o baile e a festa, os novos temas son unha declaración da posición do grupo no mundo actual.[3]
Co lanzamento deste disco percorreron escenarios como a primeira edición de Clownia,[4] a Acampada Jove[5] ou as Festes de la Mercè.[6]
O 29 de marzo de 2016 saíu á venda Lluna plena, un traballo máis maduro que consolidou a Buhos como un dos grupos referentes da música mestiza catalá. Presentaron o disco en Clownia na verbena de Sant Joan. Despois de todo un verán de concertos, recibiron o premio Disc Català de l'Any de Ràdio 4[7] e o premio Enderrock ao mellor videoclip por «Barcelona s'il·lumina».[8] En decembro fixeron a canción de Nadal de 2016 de TV3 e Catalunya Ràdio, «Campanes de benvinguda».[9]
En 2017 seguiron a percorrer o país até pecharen a xira en novembro na Sala Apolo de Barcelona con todas as entradas esgotadas meses antes.
Aos poucos meses de rematar a xira, presentaron La gran vida, o terceiro traballo da súa segunda etapa. O 19 de xaneiro de 2018 a banda publicou o primeiro sinxelo do disco, o videoclip de «Volcans». En menos dun mes dende a súa publicación acadou máis de 400.000 visualizacións.[10] O disco amosaba unha liña máis rockeira e letras máis reivindicativas, como «La trama» ou «La darrera colònia». Semanas despois de lanzaren o disco, esgotaron as entradas para o concerto de presentación do 5 de marzo, na sala Razzmatazz de Barcelona. «Volcans» foi escollida a canción do ano 2018 por votación do público de Enderrock.[11]
En 2019 o grupo tivo a xira máis espectacular da súa historia até o momento. Participou en escenarios destacados dos Países Cataláns, entre eles o Festivern, Telecogresca, Clownia, Acampada Jove, Canet Rock, Festiuet e Rabolagartija. Amais, foron cabeza de cartel de 70 actuacións. A principios de abril de 2019 publicaron unha canción inédita, «Connectats».[12]