Burios

Os burios eran un antigo pobo xermánico, mencionado por primeira vez por Publio Cornelio Tácito na súa Xermania, onde aparecen coma próximos dos marcomanos e cuados de Bohemia e de Moravia. Tamén se menciona que a súa lingua e costumes eran semellantes aos dos suevos.

Un pequeno continxente de burios acompañou os suevos na súa invasión da Península Ibérica e estabelecemento na Gallaecia (Galiza e norte de Portugal) no século V. O nome desta tribo é a etimoloxía do concello coruñés de Boiro[1] e o da vila portuguesa de Terras de Bouro.

  1. "Concello de Boiro - Historia". boiro.gal. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-02-09. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Domingos Maria da Silva (2006). Os Búrios (en portugués). Câmara Municipal de Terras de Bouro.