Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María García García 2 de febreiro de 1950 (74 anos) Totana, España |
Outros nomes | Bárbara Rey |
Actividade | |
Ocupación | actriz, modelo, presentadora de televisión, vedete, actriz de cinema |
Período de actividade | 1969 - |
Familia | |
Cónxuxe | Ángel Cristo (1980–1988) |
Bárbara Rey, nome artístico de María Margarita García García, nada en Totana (Murcia) en 1949, é unha vedete, actriz e presentadora de televisión española.
Comezou a súa carreira en 1970 cando se presentou ao concurso de Miss España, no que non gañou pero acabou representando o país en Miss Mundo porque tanto a gañadora como a primeira dama de honra estaban casadas e o regulamento non permitía que se presentaran ao certame internacional. A partir dese momento participou en máis de trinta películas nunha década, a maior parte pertencentes ao xénero do “destape”.
Traballou tamén en televisión presentando galas e o programa de variedades Palmarés. Traballou como vedete de revista nos espectáculos Barcelona és Bárbara e Una Noche de Bárbara, entre outros. Entre 1978 i 1995 foi amante do rei Xoán Carlos. En 1996 o Centro Nacional de Intelixencia depositou máis de 25 millóns de pesetas en Luxemburgo para comprar o seu silencio. En 1980 casou con Ángel Cristo, un domador de leóns que traballaba no circo, e ela acompañouno como domadora de elefantes durante nove anos. En 1989 separáronse e ela volveu á televisión para presentar programas de variedades, ademais de En casa de Bárbara, un programa de cociña que se emitiu por Canal 9 entre 2000 e 2005.