A c-Src fosforila residuos de tirosina específicos noutras tirosina quinases. Xoga un papel na regulación do desenvolvemento embrionario e crecemento celular. Sinalouse que un nivel elevado de actividade de c-Src está ligado á progresión do cancro ao promover outros sinais.[2] As mutacións en c-Src poderían estar implicadas na progresión maligna do cancro de colon. c-Src non debería confundirse con CSK (quinase Src C-terminal), un encima que fosforila c-Src no seu C-terminal e proporciona regulación negativa da actividade encimática de Src.
En 1979, J. Michael Bishop e Harold E. Varmus descubriron que os polos normais posuían un xene que está estruturalmente relacionado con v-Src.[4] O xene celular normal recibiu o nome de c-src (src celular).[5] Este descubrimento cambiou o pensamento actual sobre o cancro desde un modelo no que o cancro era causado por unha substancia externa (un xene viral) a outro no que un xene que está normalmente presente na célula pode causar cancro. Crese que nalgún momento no pasado un virus ancestral incorporou por erro o xene c-Src que pertencía ao seu hóspede celular. Finalmente este xene normal mutou nun oncoxene de funcionamento anormal dentro do virus do sarcoma de Rous. Unha vez que o oncoxene se transfire de novo ao polo, pode orixinar cancro.
A familia Src de quinases consta de 9 membros, que son: c-Src, Yes, Fyn, Fgr, Yrk, Lyn, Blk, Hck e Lck.[6] A expresión destes membros da familia Src non é igual en todos os tecidos e tipos celulares. Src, Fyn e Yes exprésanse en todos os tipos celulares, mentres que os outros xeralmente se atopan en células hematopoéticas.[7][8][9][10]
A c-Src consta de 6 rexións funcionais: O dominio de homoloxía Src 4 (dominio SH4), a rexión única, o dominio SH3, o dominio SH2, o dominio catalítico e unha curta cola regulatoria.[11] Cando Src está inactivo, o grupo tirosina fosforilado na posición 527 interacciona co dominio SH2, que axuda a ao dominio SH3 a interaccionar co dominio linker flexible e así axuda a unidade inactiva estreitamente unida. A activación de c-Src causa a desfosforilación da tirosina 527. Isto induce alosterismo de longo rango pola dinámica de dominios proteicos, causando que a estrutura se desestabilice, resultando na apertura dos dominios SH3, SH2 e quinase e a autofosforilación do residuo de tirosina 416.[12][13][14]
A autofosforilación de Y416 así como a fosforilación de substratos de Src selecionados poténciase pola dimerización de c-Src.[15] A dimerización de c-Src é mediada pola interacción da rexión N-terminal miristoilada dun dos membros do dímero e o dominio quinase do outro membro.[15] Tanto o ácido mirístico unido ao N-terminal coma as secuencias peptídicas da rexión única están implicadas na interacción.[15] Dada a versatilidade inherente a esta rexión intrinsecamente desordenada, as fosforilacións multisitio, e a súa diverxencia dentro da familia, o dominio único probablemente funciona como un lugar de sinalización central que supervisa gran parte das actividades encimáticas e das funcións únicas das quinases da familia Src.[15]
A Src contén polo menos tres dominios proteicos flexibles, que, xunto coa miristoilación, poden mediar na adhesión a membranas e determina a localización subcelular.[16]
Cando se activa Src, promove a supervivencia, a anxioxénese, a proliferación e vías de invasión. Tamén regula factores anxioxénicos e a permeabilidade vascular despois da isquemia-reperfusión cerebral focal,[17][18] e regula a actividade da metaloproteínase de matriz 9 despois da hemorraxia cerebral.[19]
A activcaión da vía c-Src observouse nun 50% dos tumores de colon, fígado, pulmóns, glándula mamaria e páncreas.[20] Como a activación de c-Src conduce á promoción da supervivencia, anxioxénese, proliferación e vías de invasión, obsérvase o crecemento aberrante de tumores en cancros. Un mecanismo común consiste en que hai mutacións xenéticas que resultan no incremento da actividade ou a sobreexpresión de c-Src que orixina a activación constante de c-Src.
A actividade de c-Src foi ben caracterizada no cancro de colon. Atopouse wue a expresión de Src é de 5 a 8 veces maior en pólipos premalignos que na mucosa normal.[21][22][23] Os elevados niveis de c-Src tamén están en correlación con estadios avanzados do tumor, tamaño do tumor e potencial metastático dos tumores.[24][25]
O EGFR activa c-Src, mentres qie o EGF tamén incrementa a actividade de c-Src. Ademis, a sobreexpresión de c-Src incrementa a resposta de procesos mediados por EGFR. Así, tanto EGFR coma c-Src amentan mutuamente os seus efectos. Atopáronse niveis de expresión elevados de c-Src nos tecidos de cancro de mama humano comparados cos tecidos normais.[26][27][28]
A sobreexpresión do receptor 2 do factor de crecemento epidérmico humano (HER2), tamén coñecido como erbB2, está correlacionada cunha prognose peor do cancro de mama.[29][30] Así, c-Src desempeña un papel na progresión do tumor nos cancros de mama.
Os membros da familia Src de quinases Lyn, Src e Fgr son ampliamente expresados en células de próstata malignas comparados con células normais de próstata.[31] Cando as células de próstata primarias son tratatdas con KRX-123, o cal é un
inhibidor de Lyn, nas células in vitro reduciuse a súa proliferación, migración e potencial invsivo.[32] Así, o uso do inhibidor da tirosina quinase é unha vía posible para reducir a progresión dos cancros de próstata.
Desenvolvéronse para uso terapéutico varios inhibidores de tirosina quinases que teñen como diana a tirosina quinase c-Src (así como outras tirosina quinases relacionadas).[33] Un exemplo notable é dasatinib, que foi aprobado para o tratamento da leucemia mieloide crónica (CML) e leucemia linfocítica aguda cromosoma Filadelfia positiva.[34] Dasatinib está tamén en ensaios clínicos para o seu uso no linfoma non de Hodgkin, cancro de mama metastático e cancro de próstata. Outros fármacos inhibidores de tirosina quinases que están en ensaio clínico son bosutinib,[35]bafetinib, AZD-0530, XLl-999, KX01 e XL228.[2] Describiuse que o inhibidor de HSP90 NVP-BEP800 afecta a estabilidade da tirosina quinase Src e o crecemento de leucemias linfoblásticas agudas de células T e B. [36]
↑Cance WG, Craven RJ, Bergman M, Xu L, Alitalo K, Liu ET (decembro de 1994). "Rak, a novel nuclear tyrosine kinase expressed in epithelial cells". Cell Growth Differ.5 (12): 1347–55. PMID7696183.
↑Lee J, Wang Z, Luoh SM, Wood WI, Scadden DT (xaneiro de 1994). "Cloning of FRK, a novel human intracellular SRC-like tyrosine kinase-encoding gene". Gene138 (1–2): 247–51. PMID7510261. doi:10.1016/0378-1119(94)90817-6.
↑Oberg-Welsh C, Welsh M (xaneiro de 1995). "Cloning of BSK, a murine FRK homologue with a specific pattern of tissue distribution". Gene152 (2): 239–42. PMID7835707. doi:10.1016/0378-1119(94)00718-8.
↑Thuveson M, Albrecht D, Zürcher G, Andres AC, Ziemiecki A (abril de 1995). "iyk, a novel intracellular protein tyrosine kinase differentially expressed in the mouse mammary gland and intestine". Biochem. Biophys. Res. Commun.209 (2): 582–9. PMID7733928. doi:10.1006/bbrc.1995.1540.
↑Arbesú M, Maffei M, Cordeiro TN, Teixeira JM, Pérez Y, Bernadó P, Roche S, Pons M (marzo de 2017). "The Unique Domain Forms a Fuzzy Intramolecular Complex in Src Family Kinases". Structure25 (4): 630–640.e4. PMID28319009. doi:10.1016/j.str.2017.02.011.
↑Okada M, Nakagawa H (decembro de 1989). "A protein tyrosine kinase involved in regulation of pp60c-src function". J. Biol. Chem.264 (35): 20886–93. PMID2480346. doi:10.1016/S0021-9258(19)30019-5.
↑Nada S, Okada M, MacAuley A, Cooper JA, Nakagawa H (maio de 1991). "Cloning of a complementary DNA for a protein-tyrosine kinase that specifically phosphorylates a negative regulatory site of p60c-src". Nature351 (6321): 69–72. Bibcode:1991Natur.351...69N. PMID1709258. doi:10.1038/351069a0.
↑Aligayer H, Boyd DD, Heiss MM, Abdalla EK, Curley SA, Gallick GE (January 2002). "Activation of Src kinase in primary colorectal carcinoma: an indicator of poor clinical prognosis". Cancer94 (2): 344–51. PMID11900220. doi:10.1002/cncr.10221.
↑Ottenhoff-Kalff AE, Rijksen G, van Beurden EA, Hennipman A, Michels AA, Staal GE (setembro de 1992). "Characterization of protein tyrosine kinases from human breast cancer: involvement of the c-src oncogene product". Cancer Res.52 (17): 4773–8. PMID1380891.
↑Slamon DJ, Clark GM, Wong SG, Levin WJ, Ullrich A, McGuire WL (xaneiro de 1987). "Human breast cancer: correlation of relapse and survival with amplification of the HER-2/neu oncogene". Science235 (4785): 177–82. Bibcode:1987Sci...235..177S. PMID3798106. doi:10.1126/science.3798106.
↑Slamon DJ, Godolphin W, Jones LA, Holt JA, Wong SG, Keith DE, Levin WJ, Stuart SG, Udove J, Ullrich A (maio de 1989). "Studies of the HER-2/neu proto-oncogene in human breast and ovarian cancer". Science244 (4905): 707–12. Bibcode:1989Sci...244..707S. PMID2470152. doi:10.1126/science.2470152.
↑Nam S, Kim D, Cheng JQ, Zhang S, Lee JH, Buettner R, Mirosevich J, Lee FY, Jove R (October 2005). "Action of the Src family kinase inhibitor, dasatinib (BMS-354825), on human prostate cancer cells". Cancer Res.65 (20): 9185–9. PMID16230377. doi:10.1158/0008-5472.CAN-05-1731.
↑Chang YM, Bai L, Yang I (2002). "Survey of Src activity and Src-related growth and migration in prostate cancer lines". Proc Am Assoc Cancer Res62: 2505a.
↑Musumeci F, Schenone S, Brullo C, Botta M (abril de 2012). "An update on dual Src/Abl inhibitors". Future Med Chem4 (6): 799–822. PMID22530642. doi:10.4155/fmc.12.29.