O CD25 (cluster de diferenciación 25) é unha proteína de membrana que forma a cadea alfa do receptor de IL-2.[1] É unha proteína transmembrana de tipo I presente en células T[2], células B activadas, algúns timocitos, precursores mieloides, e oligodendrocitos, que se asocia con CD122 para formar un heterodímero que actúa como receptor de alta afinidade para a interleucina-2 (IL-2).[3] Aínda que o CD25 se ten utilizado como marcador para identificar as células T reguladoras CD4+FoxP3+ en ratos, atopouse que unha grande proporción das células T de memoria en repouso expresan constitutivamente o CD25 en humanos.[4] O CD25 exprésase nas células T convencionais despois da estimulación, e no sangue periférico, só as células T CD4+CD25hi son células T supresoras.[5]
O CD25 exprésase na maioría dos neoplasma de células B, algunhas leucemias non linfocíticas, neuroblastomas, e linfocitos que se infiltran nos tumores. A súa forma soluble, chamada sIL-2R pode incrementarse nesas doenzas e é utilizada ocasionalmente para seguir a progresión da doenza.[6]
O anticorpo anti-CD25 daclizumab probouse con bos resultados na terapia anticancro ao atacar as células T reguladoras, que poden actuar diminuíndo a vixilancia inmunitaria antitumoral.[7]