A proteína nacente MHC de clase II no retículo endoplasmático rugoso (RER) únese a un segmento da cadea invariante (Ii; un trímero) para dar forma á fenda para unión de péptidos e impedir a formación dunha conformación pechada.
A cadea invariante tamén facilita a exportación de MHC de clase II desde o RER nunha vesícula. O sinal para marcar o destino endosómico encóntrase na cola citoplasmática da cadea invariante. Esta fusiónase cun endosoma tardío que contén proteínas antixénicas endocitadas (pola vía exóxena). Unirse á cadea invariante asegura que ningún péptido antixénico da vía endóxena que se debía unir a moléculas MHC de clase I se una accidentalmente á fenda das moléculas do MHC de clase II.[6] A cadea invariante (Ii) é despois cortada pola catepsina S (catepsina L en células epiteliais tímicas corticais), deixando só un pequeno fragmento chamado CLIP que permanece unido á fenda das moléculas MHC de clase II. O resto da cadea invariante é degradado.[6] O CLIP bloquea a unión de péptidos ata que o HLA-DM interacciona co MHC de clase II, liberando a CLIP, o que permite que se unan outros péptidos. Nalgúns casos, CLIP disóciase sen ningunha interacción molecular máis, pero noutros casos a unión ao MHC é máis estable.[7]
O complexo estable MHC de clase II + antíxeno é despois presentado na superficie celular. Sen CLIP, os agregados de MHC de clase II desensámblanse e/ou desnaturalízanse nos endosomas e impídese unha correcta presentación do antíxeno.[8]
A molécula da cadea invariante Ii (fusionada cun vector viral a unha rexión conservada do xenoma do virus da hepatite C, HCV) foi probada como adxuvante para unha vacina do HCV nunha cohorte de 17 voluntarios humanos sans. Esta vacina experimental foi ben tolerada e os que recibiron a vacina con adxuvante tiveron respostas inmunes anti-HCV máis fortes (maior magnitude, amplitude e capacidade proliferativa e células T específicas anti-HCV) comparados con voluntarios que recibiran a vacina que carecía do adxuvante Ii.[9]
A molécula Ii podería tamén ser útil como adxuvante para unha futura vacina da COVID-19, se este efecto potenciador pode demostrarse para aplicar os antíxenos apropiados.[10]
O receptor CD74 exprésase na superficie de diferentes tipos celulares. A interacción entre a citocina MIF e o seu receptor da membrana celular CD74 activa vías pro-supervivencia e proliferativas que protexen contra lesións e promoven a curación en diferentes partes do corpo.[18]
A cadea invariante foi descrita primeiramente por Patricia P. Jones, Donal B. Murphy, Derek Hewgill e Hugh McDevitt en Stanford.[19] A nomenclatura "Ii" procede dun sistema de denominación baseado en Ix (I por Inmune) que era anterior á acuñación do nome complexo maior de histocompatibilidade (MHC).
↑Baerlecken NT, Nothdorft S, Stummvoll GH, Sieper J, Rudwaleit M, Reuter S, et al. (xuño de 2014). "Autoantibodies against CD74 in spondyloarthritis". Annals of the Rheumatic Diseases73 (6): 1211–1214. PMID23687263. doi:10.1136/annrheumdis-2012-202208.
↑
Shan ZX, Lin QX, Deng CY, Tan HH, Kuang SJ, Xiao DZ, et al. (decembro de 2009). "[Identification of the interactions between the truncated fragments of macrophage migration inhibitory factor and CD74 using a yeast two-hybrid system]". Nan Fang Yi Ke da Xue Xue Bao = Journal of Southern Medical University(en chinés)29 (12): 2383–6, 2390. PMID20034881.
↑Jones PP, Murphy DB, Hewgill D, McDevitt HO (xaneiro de 1979). "Detection of a common polypeptide chain in I--A and I--E sub-region immunoprecipitates". Molecular Immunology16 (1): 51–60. PMID376435. doi:10.1016/0161-5890(79)90027-0.
Riberdy JM, Newcomb JR, Surman MJ, Barbosa JA, Cresswell P (decembro de 1992). "HLA-DR molecules from an antigen-processing mutant cell line are associated with invariant chain peptides". Nature360 (6403): 474–477. Bibcode:1992Natur.360..474R. PMID1448172. doi:10.1038/360474a0.
Spiro RC, Quaranta V (outubro de 1989). "The invariant chain is a phosphorylated subunit of class II molecules". Journal of Immunology143 (8): 2589–2594. PMID2507633. doi:10.4049/jimmunol.143.8.2589.
Koch N, Hämmerling GJ (outubro de 1985). "Ia-associated invariant chain is fatty acylated before addition of sialic acid". Biochemistry24 (22): 6185–6190. PMID3866610. doi:10.1021/bi00343a023.
Claesson L, Peterson PA (xuño de 1983). "Association of human gamma chain with class II transplantation antigens during intracellular transport". Biochemistry22 (13): 3206–3213. PMID6576808. doi:10.1021/bi00282a026.
Ghosh P, Amaya M, Mellins E, Wiley DC (novembro de 1995). "The structure of an intermediate in class II MHC maturation: CLIP bound to HLA-DR3". Nature378 (6556): 457–462. Bibcode:1995Natur.378..457G. PMID7477400. doi:10.1038/378457a0.
Brown JH, Jardetzky TS, Gorga JC, Stern LJ, Urban RG, Strominger JL, Wiley DC (xullo de 1993). "Three-dimensional structure of the human class II histocompatibility antigen HLA-DR1". Nature364 (6432): 33–39. Bibcode:1993Natur.364...33B. PMID8316295. doi:10.1038/364033a0.
Naujokas MF, Morin M, Anderson MS, Peterson M, Miller J (xullo de 1993). "The chondroitin sulfate form of invariant chain can enhance stimulation of T cell responses through interaction with CD44". Cell74 (2): 257–268. PMID8343954. doi:10.1016/0092-8674(93)90417-O.