CFM International LEAP | |
---|---|
Maqueta dun LEAP-X, o primeiro nome do motor | |
Tipo | turboventilador |
Fabricante | CFM International |
Primeiro encendido | 4 de setembro de 2013 (LEAP-1A)[1] 13 de xuño de 2014 (LEAP-1B)[2]9 de outubro de 2014 (LEAP-1C)[3] |
Principais aplicaciós | Familia Airbus A320neo Boeing 737 MAX Comac C919 |
N.º construídos | máis de 100 |
Desenvolvido do | CFM International CFM56 |
O CFM International LEAP é un motor turboventilador de alto índice de derivación. Está fabricado por CFM International, unha empresa conxunta formada pola estadounidense GE Aviation e a francesa Safran Aircraft Engines (anterirmente coñecida como Snecma). É un complemento modernizado do exitoso motor CFM56, deseñado para competir co Pratt & Whitney PW1000G no mercado dos avións de pasaxeiros de corredor único. CFM pretende substituír o CFM56 co LEAP.
A arquitectura básico do LEAP inclúe unha versión reducida da turbina de baixa presión de Safran usada no motor GEnx. O ventilador ten follas flexibles fabricadas mediante un proceso de moldeo por transferencia de resina, e están deseñados para desenroscarse a medida que a velocidade rotacional do ventilador aumenta. Mentres que o LEAP está deseñado para operar a maior presión que o CFM56 (en gran parte debido a que é máis eficiente), GE planea establecer a presión operativa por debaixo do máximo co obxectivo de aumentar a vida de servizo e a seguridade do motor. O LEAP presenta un maior uso de materiais compostos, un ventilador blisk no compresor, unha cámara de combustión de segunda xeración Twin Annular Pre-mixing Swirler (TAPS II), e unha relación de derivación de ao redor de 10-11:1. GE está usando compostos de matriz cerámica (CMC) para fabricar as cubertas da turbina.[4]
Prevese que eses avances tecnolóxicos fagan que o motor consuma un 16% menos de combustible.[5] A fiabilidade tamén se apoia no uso dun sistema de enfriamento do aceite baseado nunha bomba Venturi semelante ao do GEnx, con refrixeradores montados no revestimento interior do conduto do ventilador. O motor ten algúns dos primeiros compoñentes realizados con impresora 3D aprovados pola FAA.[6][7]
Modelo | Aplicación | Rango de pulo | Introdución |
---|---|---|---|
1A | Familia Airbus A320neo | 24 500–35 000 lbf (109–156 kN) | 2 de agosto de 2016[9] |
1B | Boeing 737 MAX | 23 000–28 000 lbf (100–120 kN) | 22 de maio de 2017[10] |
1C | COMAC C919 | 27 980–30 000 lbf (124,5–133,4 kN) | 2021[11] |