C.P. Manlleu | |
---|---|
Cidade | Manlleu, Barcelona, ![]() |
Historia | 1973-presente |
Fundado | 1973 |
Pavillón | Pavelló d'Esports |
Competición | OK Liga Feminina OK Liga Prata |
Títulos | |
Copa da Raíña | 1 (2015) |
Cores | Vermello e amarelo |
Na rede | |
http://www.cpmanlleu.cat/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
Sitio web Sitio web oficial |
O Club Patí Manlleu é un club de hóckey a patíns español da localidade de Manlleu (Osona, Cataluña). Fundado en 1973,[1] na tempada 2018-19 os seus equipos feminino e masculino compiten na OK Liga Feminina e OK Liga Prata respectivamente.
Fundado en 1973, o primeiro éxito do CP Manlleu foi o primeiro ascenso do seu equipo feminino á máxima categoría do hóckey a patíns feminino español, a OK Liga Feminina, en 2012. Dous anos despois, o equipo masculino repetiu o logro ao ascender á OK Liga, máxima competición masculina en España, que se sumou ao éxito do equipo feminino esa tempada, logo de conseguir o subcampionato de liga e de copa,[2] éxitos que repetiría en 2016 e 2018.
En 2015, o equipo feminino conquistou o primeiro título do club logo de gañar a Copa da Raíña fronte ao CP Voltregà en Lloret de Mar.[3] En 2016 Manlleu acolleu por segunda vez consecutiva a final a catro da Copa de Europa, o equipo feminino conseguiu clasificarse para a final, mais caeu nos penaltys fronte ás súas veciñas do Voltregà.[4][5]