O cabelo longo é un peiteado no que se deixa medrar o pelo ata unha lonxitude considerable. A percepción do cabelo longo pode cambiar dunha cultura a outra, ou mesmo entre culturas. Por exemplo, unha muller co cabelo longo até o queixo pode considerarse como curto, mentres que un home coa mesma lonxitude considérase como cabelo longo.
Que os homes leven o cabelo curto é visto por moitas culturas como baixo o control da sociedade, mentres que os que o levan longo considérase como fóra do común.[1] O cabelo longo feminino é visto como un elemento atractivo entre homes e mulleres de moitas culturas.[2][3] A tricofilia (o fetichismo do cabelo) é común entre o 7% da poboación, e o cabelo moi longo é suxeito da admiración deste grupo de persoas.[4][5]
Os humanos (xunto cos cabalos e orangutáns) forman parte das poucas especies que poden deixar medrar o cabelo da testa moi longo. Crese que os humanos perderon a súa peluxe hai 2,5-3 millóns de anos, cando pasaron dun hábitat forestal á sabana aberta, como produto da selección natural. Esta evolución fixo posible correr máis rápido e cazar animais ata a zona do ecuador sen sufrir de exceso de calor. A excepción a esta perdida foi o cabelo da testa, que se mantivo como illante térmico e para protexer o coiro cabeludo da radiación ultravioleta.
A habilidade de medrar do cabelo foi observada en subgrupos de Homo sapiens en rexións menos solleiras, e os científicos determinaron que é resultado da selección sexual, xa que o cabelo san é sinal de fertilidade e xuventude.[6]