Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.118 habitantes no ano 2019, cunha densidade de poboación de 155,94 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.