Cacofonía[1] chámaselle á repetición ou encontro de sons que produce un efecto desagradábel. A palabra, como tal, provén do grego κακοφωνία (kakophonía), que se compón das raíces κακός (kakós), que significa ‘mao’ ou ‘desagradábel’, e φωνή (phoné) que significa ‘son’.
A cacofonía pode producirse como consecuencia da repetición innecesaria, exaxerada ou próxima dun son nunha mesma frase. Así, exemplos de cacofonías poderían ser:
As cacofonías son consideradas un vicio da linguaxe que afecta o discurso, por tanto, o aconsellábel é evitalas á hora de redactar un texto.
Unha forma de identificalas é lendo o texto en voz alta. Para corrixilas, pola súa banda, podemos apelar a algunhas técnicas simples como pasar algunhas das palabras ao plural, substituílas por un bo sinónimo, ou alterar a súa orde para distanciar os sons que estean a producir a cacofonía. Nalgúns idiomas a cacofonía tamén se considera un criterio gramatical para determinados casos. Doutra banda, as cacofonías tamén son empregadas en exercicios de linguaxe para practicar a correcta pronuncia de determinados fonemas. Tamén aparece en frases humorísticas ou xogos de palabras. Así mesmo, a cacofonía pode tamén empregarse como recurso literario ou de estilo para transmitir determinada énfase ou efecto a unha idea.
Sinónimo de cacofonía, doutra banda, sería disonante. Mentres que o seu antónimo sería eufonía.