Caimán Brac (en inglés Cayman Brac) é unha illa pertencente ao arquipélago das Illas Caimán situada a 143 km ao nordés da illa principal Gran Caimán sendo a máis oriental do grupo, posúe unha superficie aproximada de 36 km² e unha poboación estimada para 1999 de 1.822 habitantes.
Cristovo Colón chegou á illa e á súa irmá Caimán Menor nunha viaxe que realizaba entre a Illa A Española e Panamá, o bautízoas en 1503 como "Illas Tartarugas", polas tartarugas de terra que encontrou, sendo renomeadas por Sir Francis Drake quen arribou durante unha viaxe entre 1585-1586 o usou a palabra "Caymanas" posto que ese era o nome usado polos caribes para nomear a unha especie de crocodilos.